Chantada, 21 de febreiro de 2008.- José Manuel Barreiro, Presidente dos populares lucenses, criticou hoxe en Chantada a actitude de socialistas e nacionalistas por rechazar a proposta presentada polo Grupo Parlamentario Popular para axilizar a licitación das autovías Lugo-Ourense (A-56) e Chantada-Monforte (A-72). “Unha vez máis, tanto o PSOE coma o BNG, din unha cousa en Chantada e fan outra distinta en Santiago ou en Madrid. O resultado é sempre o mesmo: as infraestructuras prometidas non están feitas e os plazos alongase no tempo polo que o desenvolvemento económico da comarca está hipotecado”, asegurou Barreiro.
A moción do PP rechazada onte no Parlamento galego instaba á Xunta a que esixira ó Goberno central un impulso prioritario ás grandes infraestructuras viarias galegas que están pendentes. Así, no que atinxe á comarca de Chantada solicitabase que no primeiro semestre de 2008 se licitaran as obras de todos os tramos da autovía Lugo-Ourense e que neste mesmo plazo se emitira a declaración de impacto ambiental e se sacaran a concurso polo procedemento de licitación conxunta o proxecto da autovía Chantada-Monforte.
José Manuel Barreiro lembrou que o 13 de xaneiro de 2005 o cabeza de lista do PSOE por Lugo, José Blanco, prometeu que a autovía Lugo-Ourense (A-56) contrataríase nese mesmo ano, o 2005. “A realidade é outra. Ata este momento o Goberno de ZP só licitou o primeiro tramo desta autovía, o que discurre entre San Martiño-Barrela, e fixoo exactamente o 21 de decembro de 2007, dous meses antes das eleccións. Esta autovía, polo tanto, acumula xa un retraso de entre tres e catro anos”, explicou.
No que se refire a A-72, Chantada-Monforte, a demora na súa execución é xa de tres anos. “O máis grave é a complicidade manifesta do PSOE e do BNG pois tanto o ano pasado coma no día de onte, votaron en contra no Parlamento de Galicia de que esta autovía estivese remata no 2010, que foi o prazo comprometido no Congreso dos Deputados”, engadiu.
O Presidente provincial do PP e candidato ó Senado José Manuel Barreiro fixo estas declaracións durante a visita que realizou hoxe ó polígono industrial de Chantada, acompañado da alcaldesa de Sober e número dous ó Congreso Raquel Arias, os deputados autonómicos Susana López e Dámaso López, e os alcaldes e voceiros do PP na comarca.
A estadía en Chantada iniciouse cunha visita a Sidrería Galega, unha das dúas empresas destas características existentes en Galicia. Unha iniciativa empresarial, promovida por un chantadito e agora integrada en Estrella Galicia, que contribuiu de xeito determinante a poñer en valor a producción de mazás en toda a provincia e moi especialmente na comarca de Chantada.
A necesidade de dipoñer de máis chan industrial nos Acivros para que empresas como ésta ou outras novas poidan ampliar as súas instalacións ou enclavarse neste parque empresarial, foi un dos asuntos abordados durante o percorrido realizado polas instalacións. Os populares puxeron de manifesto neste punto que cando ocupaban a Alcaldía de Chantada principiaran o proceso que permitiría incrementar o número de metros cadrados adicados ó desenvolvemento industrial que neste intre está totalmente paralizado.
A continuación, a delegación popular trasladouse á sala de xuntas da empresa Asmayect onde mantiveron un encontro cos empresarios do polígono industrial. Un dos asuntos tratados e sobre os que os empresarios mostraron a súa preocupación foi a necesidade de que todos os polígonos industrias da comarca de Chantada (Chantada, Taboada e Carballedo) dispoñan duns accesos axeitados á futura autovía Lugo-Ourense. Unha comunicación que o Ministerio de Fomento polo momento non incluiu nas súas previsións.
Os rexidores de Carballedo e Taboada e o voceiro do Grupo municipal popular chantadino lembraron que antes da celebración das pasadas elección municipais mantiveron na Coruña unha reunión co responsable da Demarcación de Carreteras do Estado para plantexarlle esta demanda xa que unha boa comunicación dos parque empresarias é determinante para asegurar a competitividade das empresas neles instalados. Daquela a recomendación do responsable da Demarcación de Carreteras do Ministerio foi que negociaran coa Xunta a dotación dos citados accesos. Na actualidade esta cuestión segue sen estar resolta porque o Ministerio de Fomento non ten previsto realizar estas conexións.
Os populares anunciaron que a través do seu Grupo Parlamentario presentarán unha iniciativa co obxectivo de paliar esta situación e conseguir que os tres polígonos industriais da comarca de Chantada dispoñan duns accesos axeitados dende a N-540.