Santiago de Compostela, 20 febreiro 2008.- O voceiro de Pesca do Grupo Popular , José Manuel Balseiro, instou hoxe a Conselleira de Pesca a fixar a súa posición ao respecto das previsións para a aprobación do novo Plan Galego de Acuicultura, que conta con máis de mil alegacións en contra e é obxecto de desencontros nos partidos que configuran o goberno bipartito na Xunta de Galicia. Para Balseiro, o sector atópase inmerso nunha paralise permanente debido a interrupción de proxectos que estaban pendentes e a perda de preto de 40 millóns en fondos europeos destiñados á promover a acuicultura en Galicia.
Asimesmo, segundo Balseiro, esta paralise levou a que se expulsaran importantes iniciativas empresariais como a de Pescanova, que rematou situando a maior planta acuícola do mundo en Portugal, e ameaza con poñer en perigo o liderado acuícola mundial de Galicia, coartando iniciativas empresariais e entorpecendo novas oportunidades para o desenvolvemento económico e a creación de emprego en moitas áreas do litoral e da costa galega.
O PLAN NON RESPONDE AS EXPECTATIVAS.- Para o deputado popular o retraso nas previsións do Goberno galego para aprobar definitivamente o Plan Galego de Acuicultura, que aseguraron que sería con anterioridade á finalización do ano 2007, se produce pola gran oposición que este novo proxecto está a xerar. Lembrou que ten rexistradas, na súa contra, máis de mil alegacións e conta coa oposición de múltiples colectivos veciñais, asociacións ecoloxistas, empresas do sector, concellos, etc.
Asimesmo, Balseiro criticou que o novo Plan de acuicultura tampouco parece responder ás expectativas suscitadas no sector e incorpora proxectos que desde o punto de vista técnico e económico resultan inviables.
Para o deputado popular, todo elo ven a sumarse ás moitas razóns que xustifican a súa demora xa que amosa as carencias e a falta de proxecto do Goberno galego nun sector estratéxico como deberá ser o da acuicultura en Galicia.