Lugo, a 20 de febreiro de 2008.- O Partido Popular presentará dúas mocións no pleno que se celebrará na Deputación o vindeiro día 26, segundo anunciou hoxe en rolda de prensa os voceiros do GPPP José Manuel Barreiro e José María González Barcia.
Unha fai referencia as medidas a adoptar en relación á supresión da tarifa nocturna. Para os populares, a supresión da tarifa nocturna do consumo eléctrico é un grave problema que vai afectar a familias humildes e nas que traballan os dous membros da parella, é dicir, as familias que precisan dun maior esforzo económico para chegar a fin de mes.
Segundo indicaron, esta medida adoptada polo Goberno Zapatero vai traer consigo, no momento da súa aplicación, o 1 de xullo do presente ano, que se reduza a capacidade de renta das familias afectadas.
Considera que a Xunta debe minimizar os efectos económicos que vai ter esta medida sobre os consumidores, e entende que a Deputacion debe prestar apoio ós concellos que o soliciten, para que éstes á súa vez asesoren ós consumidores á hora de presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Non pasaron por alto que a luz é un servicio básico que se vai encarecer considerablemente. Para o GPPP, é outro problema que sumar á subida das hipotecas, ó incremento dos prezos dos servicios básicos, ó incremento do paro, etc.
Por elo o GPPP insta á Deputación a que requira á Xunta de Galicia para que as familias da provincia de Lugo que tiveran contratada a vella tarifa nocturna 2.0 con discriminación nocturna, reciban o asesoramento necesario para que fagan axeitadamente a adaptación á nova tarifa de discriminación horaria.
Na moción tamén se propón que se solicite á Xunta a adopción dos mecanismos oportunos para minimizar o impacto económico que suporá para as economías domésticas dos lucenses afectados a devandita adaptación tarifaria, así como que a Deputación preste apoio ós concellos da provincia, para que éstes establezan medidas de asesoramento dirixidas ós usuarios con fin de poidan canalizar as súas reclamacións diante da Consellería de Industria como órgano competente.
CORREO NO RURAL.- A outra moción que defenderá o grupo popular refírese a supresión do correo na zona rural, que na provincia de Lugo afecta de xeito especial xa que dos preto de 35.000 núcleos rurais que existen en Galicia máis de 12.000 están na provincia de Lugo.
Segundo indicaron, non se entende que este servicio se reduza considerablemente nun medio, o rural, cunha poboación moi envellecida e con escasos medios económicos, e que os obriga a facer desprazamentos ás veces incómodos.
Neste senso os populares queren que a Deputación se dirixa ó Ministerio de Fomento e a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos para demandar o cumprimento da Lei Postal 24/1998 nos seus artigos 15 e 17.2 que fai referencia á obriga de prestar os servicios de xiro, cartas, tarxetas postais e entregalos na dirección postal de cada persoa física ou xurídica, tódolos días laborables e, como mínimo, cinco días á semana.
Na moción o PP lembra que a Directiva Comunitaria 97/67, no seu artigo 3 apartados 1, 2 e 3, ademais de ratificar o anterior, considera que débese ofertar un servicio de calidade de forma permanente en todos os punto do territorio, a prezos asequibles para todos os usuarios, dando así cumplimento ó principio de igualdade de trato establecido pola norma.
Os populares queren tamén que a Deputación se dirixa ó Ministerio de Fomento para que paralice, a través do Regulador Postal Español, a concesión a Correos de “entornos especiais”, cando menos ata que non se aprobe a nova Directiva Comunitaria e, polo tanto, a nova Lei Postal de Adaptación, tendo en conta a dispersión xeográfica de Galicia.
CANÓN ENERXÉTICO.- José Manuel Barreiro e José María González Barcia referironse tamén na rolda de prensa a solución proposta por Besteiro ó alcalde de Chantada para o abono do canon hidroeléctrico.
Afirmoron neste senso que O PP non se opón á solución plantexada, ó considerar que “se para a corporación de Chantada ésta é a mellor solución, para o grupo provincial do PP tamén”.
Sembraron que o proceso de reclamación do canon enerxético remóntase o ano 1985 cando o daquela alcalde de Chantada, Vázquez Yebra, presentou un escrito neste senso na Deputación Provincial, que posteriormente deu pé á reclamación xudicial. “Gómez Besteiro está agora teatralizando moi ben a execución da sentencia no concello de Chantada pero seguimos sen saber qué ten previsto facer co resto dos concellos afectados”, engadiron.
Neste contexto incidiron en que os rexidores dos demais concellos seguen agardando que o Presidente da Deputación “teña a ben” recibilos ou darlles información ó respecto.
José Manuel Barreiro lembrou ademais que a súa postura nesta cuestión do pago do canon hidroeléctrico foi sempre moi clara e que en todo momento se mostrou disposto, se el asumía a responsabilidade de presidir a Deputación provincial, a solventar o problema o antes posible.
“Por un xesto de mera boa educación e por gardar as formas, o Sr. Besteiro, tan dado ós contactos e ó diálogo, debería convocar ós alcaldes dos concellos afectados e decirlles á cara o que está a decir na prensa porque, por exemplo, os que lle solicitaron por escrito unha entrevista aínda están agardamando por unha contestación. Do mesmo xeito que escenificou o luns en Chantada o acordo con ese concello ou, tamén podía facer outra escenificación das súas, mesmo no seu despacho, e decirlles ós alcades da zona o que tén pensado facer; se é que tén pensado facer algo, porque moito nos tememos que non haberá nin un só euro despois de 2010, que é cando el plantexa deixar concluido o proceso con Chantada”, explicaron os populares.