Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR CALIFICA A POLÍTICA DE IGUALDADE DO GOBERNO DE ZP DE DEMAGÓXICA

 

Lugo, a 19 de febreiro de 2008.- A alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, participou esta maña nunha reunión de traballo con representantes de distintos colectivos da  cidade de Lugo. Antes de celebrar esta sectorial tivo oportunidade de  dar un paseo polo casco histórico acompañada, entre outros,  polo Presidente Provincial e candidato ó Senado, José Manuel Barreiro e o cabeza de lista ó Congreso, Joaquín García Díez.

Os populares achegáronse ata a Praza de Abastos e alí referironse á incapacidade de Zapatero de conter á suba da cesta da compra. “Os prezos están polas nubes e as familias españolas teñen problemas moi serios para chegar a fin de mes. As contas, por culpa da inflación, non lle cadran a moitas economías domésticas”, aseguraron. 

O Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, presentou a Rita Barberá como un exemplo da política de proximidade e defensora do municipalismo afrontando arestora o seu quinto mandato como alcaldesa de Valencia. Segundo asientou ó carisma persoal e político desta muller, hai que engadir a súa tremenda capacidade para o traballo e a súa vocación de servicio. En 1991 fíxose co sillón da alcaldía, dende 1983 é deputada nas Cortes Valencianas, e tamén ocupou a Vicepresidencia da Federación Española de Municipios.

Durante a intervención do candidato ó Congreso Joaquín García destacou que o PP ten claro que todas as políticas fiscal, social, educación,  formación … afectan á muller “non se trata de poñer riba da mesa medidas específicas para un colectivo determinado, nós pensamos que, hoxe por hoxe, todos os temas lles conciernen as mulleres”.

Nese senso García Díez subliñou que cando o PP esté no Goberno baixará os impostos e destacou a reducción do IRPF para aqueles contribuíntes con ingresos de ata 16.000 euros, así como a posta en marcha dunha rebaixa adicional para aquelas mulleres que traballen fóra da casa: a deducción na cota do IRPF podería chegar ata os 1.000 euros anuais.

 

Joaquín García Díez explicou tamén que o PP cre na igualdade real, e non nas medidas demagóxicas. “Un dos compromisos de Rajoy é  crear 400.000 prazas de gardería, e ampliar os permisos de maternidade e paternidade para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das mulleres e dos homes”, asegura. Outro compromiso dos populares é aumentar as pensións de viuvedade, único recurso que lles queda a moitas mulleres trala morte do seu conxuxe.

 

O candidato daba paso á intervención de Rita Barberá que precisamente se incorporou a actividade política o mesmo ano que el entraba a formar parte da corporación de Lugo, en 1991.

 

A alcaldesa de Valencia Rita Barberá suliñou durante a súa intervención a reforma fiscal que fará o Goberno de Rajoy. Puxo por exemplo que “un trabajador que gane 22.000 euros al año ahorrará, con Mariano Rajoy en torno a 850 euros. En el caso de una pareja en la que los dos trabajen, con dos hijos, y unos ingresos totales de 45.000 euros anuales, ahorrarán 3.000 euros al año”. Tamén se referiu as importantes ventaxas para mellorar as condicións dos autónomos que introducirá o PP. “Mariano Rajoy ya se ha comprometido a reducir el Impuesto General sobre Sociedades al 25% y para las Pymes rebajar el tipo hasta el 20 por ciento”, añadió.

Barberá resaltou que a media do salario das mulleres españolas é un 15% menor que a dos homes. “Esto pone de manifiesto que los socialistas no fueron capaces de poner en marcha medidas efectivas para que la igualdad sea real”, explicou.

 

A visita de Rita Barberá concluiu cun xantar no que participou  toda a candidatura ó Congreso e ó Senado coa que o Partido Popular concorre os vindeiros comicios do mes de marzo.