Partido Popular de Lugo

O GPPP ESTIMA QUE O ALCALDE DE FOZ NON É O MÁIS INDICADO PARA DEFENDER A BESTEIRO

Lugo, a 19 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do PP manifestou hoxe que o alcalde de Foz non é quen para defender ó Presidente da Deputación, “xa que se os deputados socialistas calan, será porque as críticas do PP son acertadas”.

 

 

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, asegurou que non se entende que García Rivera diga que Besteiro non tén nada que ver e que de contado añada que “así paga unha débeda que tiña a Deputación con Foz”. “A contradicción”, afirma Barcia, “é evidente”.“O que tén que facer García Rivera é demostrar que non se usou maquinaria da Deputación en vías privadas; e se se usou, que explique por que a uns si, e a outros non. Eso é caciquismo, nin máis nin menos, ó que xa tén acostumados ós veciños de Foz”, engadiu.

 

González Barcia pediulle a Rivera algo de seriedade, e que esixa que se atenda por igual a todos os veciños de Foz, xa que os cartos da Deputación son de todos, e non duns poucos e para uns poucos.