Partido Popular de Lugo

PABLO TABOADA SUSTITÚE A FERNANDO PENSADO Ó FRONTE DA EXECUTIVA DO PARTIDO POPULAR DE PALAS DE REI

Palas de Rei, 18 de febreiro de 2008.- Pablo José Taboada Camoira asumiu a presidencia da xunta local do Partido Popular de Palas de Rei, que ata agora estaba liderada por Fernando Pensado Barbeira. 

O novo presidente dos populares de Palas, que é tamén tenente alcalde no concello e que concurre coma suplente na lista do PP ó Congreso, indicou que algúns dos obxectivos que se marca nesta nova andaina e abrir o partido a todos os veciños do municipio e crear un grupo de Novas Xeracións. Neste senso indicou que recientemente incorporaronse á formación política medio cento de persoas menores de 28 anos polo que hai suficiente base como para poder constituir unha agrupación coa xente nova.

Taboada tamén salientou que, ademais das doce persoas que constitúen a executiva, contará cunhas 80 persoas máis que se distribuirán en grupos sectoriais de traballo que se encargarán de aportar ideas ó grupo municipal popular e que se reunirán periódicamente. “Trátase de dinamizar o máis posible a vida municipal e que poidamos aportar entre todos iniciativas que respondan ás demandas e necesidades da poboación”, explicou o novo presidente dos populares de Palas.

No que atinxe á candidatura, Taboada Camoira salientou que é unha executiva totalmente renovada, na que se combina experiencia e xuventude, na que as mulleres son maioría e na que a media de idade sitúase nos 35 anos. “Recolle todas as sensiblidades existentes en Palas e, o que é máis importante, todas as parroquias do municipio teñen representación”, engadiu Pablo José Taboada. Salientou ademais o importante traballo desenvolvido polo anterior presidente e asegurou que seguirá contando con el “coma un dos pilares fundamentais do PP en Palas”.

Á asamblea xeral na que se elexiu a nova directiva participaron preto de 200 persoas entre as que se atopaban, entre outros e ademais do Presidente Provincial do PP José Manuel Barreiro e o alcalde da localidade Fernando Pensado, o Secretario Xeral José Manuel Balseiro e os candidatos ó Congreso Joaquín García e Raquel Arias. 

José Manuel Barreiro animou os populares de Palas a afrontar con ilusión esta nova etapa e traballar duro e a pe de rúa para acadar nos vindeiros comicios do mes de marzo uns bos resultados.

A xunta local está integrada, ademais de por Taboada Comoira, polo anterior presidente, Fernando Pensado, a concelleira Aurora Vila, xunto con Eva Mariño, Marta María Penas, José Ramón García, Carlos Toural, Begoña Mariz, Cristina Lodeiro, Carlos Dablanca, José Manuel Iglesias e Sonia Gómez. Eugenio Mato ostenta a presidencia de honra.