Partido Popular de Lugo

O GPPP ASEGURA QUE O DESCONTROL NA XESTIÓN DA DEPUTACIÓN É XERAL

Lugo, a 18 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular manifestou hoxe que o descontrol na xestión da Deputación Provincial é evidente e, o máis grave, estase xeneralizando. O PP considera que non hai criterio á hora de definir as áreas de funcionamento, e que a situación xa resulta caótica.

O voceiro adxunto, José María González Barcia, afirmou que, ademais dos xa denunciados de Vías e Obras, existe algún outro caso de traballadores que están cobrando pero que están á espera de destino, é decir, na casa.

“Os socialistas e os nacionalistas, na época anterior, sempre dixeron que traballar na Deputación era un privilexio; agora, ademais de ser un privilexio, é un auténtico chollo porque  paganche sin presentarte sequera no teu posto de traballo”, asegura González Barcia, quen referiuse en concreto a unha persoa que ocupa un cargo técnico e que leva unha temporada deste xeito.

 

Na opinión de González Barcia, “esta situación xa se está a convertir en surrealista; non se coñece a ninguén que lle pague a outro por non traballar ainda que xa sabemos que socialistas e nacionalistas poden ser tan solidarios que premian a algúns cunhas condicións ás que todos aspiramos”.

 

Para o GPPP a responsabilidade última de todas estas “ocurrencias” é de Gómez Besteiro. Segundo Barcia, “o Pazo de San Marcos quédalle grande a unha persoa que non foi capaz a sacar adiante o PXOM da cidade de Lugo en oito anos”.

O voceiro adxunto do GPPP vaticina que “Besteiro seguirá en estado cataléptico durante moito tempo, mentes que o caciquismo e o clientelismo nacionalsocialista se implanta na Deputación, porque os cidadáns da provincia están a comprobar que non se antende ós grandes retos que eles mesmos se fixaron”.