Partido Popular de Lugo

O PP FAI UN CHAMAMENTO ÓS MARIÑANS PARA QUE ESIXAN Ó GOBERNO SOCIALISTA QUE CUMPRAN COA MARIÑA

Foz, 15 de febreiro de 2008.- Ante a falta de execución dos compromisos acadados hai tres anos polo actual Goberno Socialista, o Partido Popular considera que xa é hora de esixir responsabilidades e de facer público e de xeito contundente o malestar e os perxuicios que estos incumplimentos están a causar os lucenses e, neste caso concreto da Vía de Alta Capacidade Ferrol-San Ciprián, á Mariña lucense en particular. É por esto, que o Partido Popular, a través dos seus responsables nesta comarca, convocou unha manifestación para o vindeiro domingo en O Vicedo, á que tamén se sumarán os municipios coruñeses de Moeche, Ortigueira, Mañón e Cerdido. 

Os populares, segundo explicou en rolda de prensa hoxe o Secretario Xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, queren deste xeito convidar a todos os mariñás en particular e ós lucense en xeral a que digan “alto e claro que non aturarán máis os constantes enganos ós que están sometidos diarimente polo Gobierno Central e Autonómico no que atinxe á dotación de infraestructuras básicas para o desenvolvemento económico da nosa provincia”.

O Partido Popular xustificou esta convocatoria como a última vía ó  seu alcance, despois de que reiteradamente as iniciativas presentadas en todas as institución (Deputación, Xunta e Congreso) tendentes a conquerir concreción en canto a prazos de execución e orzamentos adicados a esta infraestructura foran rexeitados polo Partido Socialista e co beneplácito do BNG.

Balseiro insistiu en que o caso máis flagrante dunha lista non moi curta de incumplimento dos compromisos acadados coa zona da Mariña é a construcción desta vía de alta capacidade que, ademáis, recalcou é vital para a comarca.

Segundo denunciaron os populares en multiples ocasións e incidiu tamén hoxe Balseiro, na dotación desta infraestructura incumpriron a súa palabra tanto os responsables da Xunta como os do Goberno Central, porque a ambas administracións compete a súa construcción. Lembrou neste senso que ainda sendo moi optimistas, o corredor non entrará en servicio antes do 2016.

O secretario xeral dos populares lucenses fixo estas declaracións nunha rolda de prensa celebrada na sede do PP en Foz, á que tamén asistiron candidatos do partido ás vindeiras eleccións xerais como o número 1 ó Congreso Joaquín García, a tamén candidata ó Senado María del Carmen Gueimunde; e alcaldes, voceiros e concelleiros da comarca da Mariña. 

Así José Manuel Balseiro detallou a fase na que se atopan os traballos, tanto no que compete o Goberno Central como Autonómico.

 

TRAMO ESTATAL.- Balseiro suliñou que, no que atinxe ó tramo estatal (San Ciprián-Barreiros), “despois dunha lexislatura estamos exactamente igual que antes. Foron catro anos perdidos”.

Lembrou que o PP no ano 2004 fixo una consignación orzamentaria para levar adiante o estudio informativo, deixando a documentación preparada para a súa licitación. “Dende que o PSOE accedeu ó Goberno da Nación non fixo nada por sacar adiante esta obra a pesares de que o PP deixoulle todo preparado”, recalcou.

O líder popular fixo mención tamén a que varios dirixentes socialistas afirmaron por activa e por pasiva que este estudio informativo estaría rematado no ano 2005. Pero a realidade é que, despois de tres anos e medio, as obras deste tramo da VAC continúan pendentes de estudio informativo. 

Ademais, nos orzamentos xerais do Estado incluíronse nestes últimos anos partidas mínimas para esta obra. “Nos orzamentos de 2008 aparecen 50.000 euros que non dan para facer absolutamente nada”, asegurou. 

 

TRAMO AUTONÓMICO.- No tramo competencia da Xunta (Ferrol-San Ciprián), o Goberno do PP deixou adxudicados os proxectos constructivos correspondentes ó 57 por cento do trazado. Pero, tras tres anos de bipartito, a Xunta foi incapaz de comenzar as obras, non se fixo un só quilómetro desta vía e nin sequera se executou os orzamentos do ano 2005, 2006 e 2007 comprometidos para esta estrada.

 

Ata tal punto que a día de hoxe descoñécese cál vai ser o trazado da vía nun dos puntos máis conflictivos da vía: a variante de Viveiro. “Todo eso por falla de vontade política do PSOE e das trabas impostas dende o  concello de Viveiro”, asegurou José Manuel Balseiro.

 

A parte lucense do corredor nin sequera ten a redacción do trazado definitivo. En tres anos de responsabilidade conxunta do PSOE e BNG, a Xunta foi incapaz de comenzar as obras. Son os responsables directos de tres anos perdidos no que a esta infraestructura se refire.

 

O Goberno da Xunta (PSOE e BNG) non cumpren nin os seus propios compromisos. Así, o bipartito aprobou nos orzamentos do 2007 un investimento para o 2008 de 37,1 millóns de euros, pero que acabaron convertindose en tan só 3,7 millóns de euros. Unha disminución do compromiso inversor que supón unha reducción do 92 por cento.

 

Os populares suliñaron tamén que no orzamento do 2007 preveíase para o ano 2009 adicar a esta estrada 58 millóns de euros; mentres que no orzamento deste ano 2008 establécese para o 2009 unha inversión de 37 millóns de euros.