Lugo, 15 de febreiro de 2008.- O Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, considera unha “falta de respecto total e absoluto para os lucenses e que pon en evidencia a catadura moral de José Blanco” deste xeito valoraba a conversación na que o nº 2 do PSOE afirmaba que “tiña o nome do director xeral do Cetal”.
“O señor Blanco utiliza as institucións como a súa finca particular e propia esa é a campaña alegre e fresca que o PSOE presentou esta mesma mañá, de fresca ten moito”, puntualizou.
Para José Manuel Barreiro “é difícil que os lucenses podan confiar nunha persoa que ten esa catadura moral, que lle da exactamente igual saltarse procesos selectivos, que nomea a dedo a unha persoa, e que falar da forma que fala dun membro da comunidade universitaria …”
O Presidente do PP de Lugo esixiu que se presenten disculpas, por este grave suceso, aos patronos fundadores do Cetal que participaron, esta mesma semana, no proceso de selección de candidatos. “Os patronos non sabían que o que estaba decidindo xa estaba decidido, merecen unha explicación do que ocorreu aquí”.
PRESENTACIÓN DE INICIATIVAS.- O deputado e candidato ao Congreso do Partido Popular, Joaquín García Díez, avanzou que presentarán iniciativas no concello, “esto non é unha anécdota é algo máis grave polo que esixiremos responsabilidades”.
O voceiro do Grupo Popular do PP, considera que, ante este feito, o alcalde debe dimitir da presidencia do patronato do Cetal. Tamén reclama unha explicación urxente de porqué se fixo “cómplices indirectos e involuntarios aos dignos representantes de empresas agroalimentarias, universidades galegas, entidades financeiras e sindicatos que participaron nas entrevistas a candidatos para dirixir o Cetal”.
García Díez concluiu a súa intervención cunha batería de preguntas:
– ¿Con que cartos se vai pagar a preselección de candidatos que se encarga a unha consultora especializada, cos da fundación, os do patronato ou os vai pagar do seu peto o señor Blanco?
– ¿De que sirve e para que se gastan os cartos de todos si quen decide quen se vai contratar para este posto é o señor Blanco?
– ¿sabían os preseleccionados que estaban perdendo o tempo e que erán partícipes dunha comparsa?
– ¿Sabían os membros do patronato que estaban facendo un paripé cando entrevistaron a candidatos?
– ¿Ocultou Orozco esta información ou lles dixo que ían a facer un teatro porque xa estaba decido quen ía ser o Director Xeral do Cetal?
– ¿Dimitirá alguén?
– ¿Darán algunha explicación aos aspirantes que quedan por entrevistar?
– ¿Buscaban ó mellor director general ou buscaban unha estratexia e persoa para poñer atrancos ao BNG dende o PSOE?
– García Díez tamén quere saber si o arquitecto que vai facer a futura sede do Cetal se vai seleccionar con criterios de “amiguismo” co señor Blanco. O deputado popular lembrou as palabras de Orozco nas que dixo que se seguirá un procedemento similar ao concurso que se fixo para o museo interactivo da cidade de Lugo, e se pregunta si naquela ocasión tamén se seguiron as imposicións de José Blanco.
O deputado do Partido Popular lamenta que “unha persoa con capacidade e méritos suficientes para ser director xeral esté pasando un mal momento por filtrarse cal é o verdadeiro criterio que o señor Blanco utiliza para seleccionar este cargo”.