Foz, 15 de febreiro de 2008.- Os candidatos do PP ó Senado, José Manuel Barreiro, e ó Congreso Joaquín García Díez, mantiveron esta tarde unha xuntanza en Foz cun centenar de afiliados deste concello para explicar a “nefasta” xestión do Goberno de Zapatero na zona mariñana. Ó encontro asistiron alcaldes e voceiros populares da comarca.
José Manuel Barreiro falou sobre o retraso de máis de catro anos que lleva a A-8 (Autovía do Cantábrico), que os socialistas prometeran rematar no ano 2008 e da que dos 85 quilómetros que discurren pola provincia de Lugo, só hai en funcionamiento 20, a maioría dos cales xa quedaron licitados co Goberno do PP.
Referiuse tambén o Corredor Barreiros – San Cibrao e o tramo siguiente San Cibrao – Ferrol, dos que, pese as múltiples promesas do PSOE, ata hoxe, nada se sabe e aproveitou a ocasión para convidar a todos os mariñáns á manifestación que se celebrará o domingo, 17 de febrero, ás 12,00 horas en O Vicedo.
Outro tanto acontece coa Autoridade Portuaria para San Ciprián, co aproveitamento comercial do Dique Norte do muelle de Alcoa.
Os candidatos populares non deixaron de mencionar outros aspectos dos enganos do Partido Socialista con respecto ás pensións, a sanidade, etc…
O Presidente do PP de Lugo e candidato ó Senado tamén aproveitou a xuntanza para animar ós asistentes a traballar arduamente para “facer chegar a mensaxe popular a toda a poboación para contrarrestar o bombardeo mediático ó que os españois estamos sendo sometidos para conseguir esa crispación que Zapatero necesita para gañar, xa que non teñen nin ideas, nin programa para sacar a España en xeral e, A Mariña en particular, da seria crise na que nos meteron”.