Lugo, 14 de febreiro de 2008.- Baixo o lema “proxecto, equipo e compromiso” o Partido Popular organiza para este sábado16 de febreiro, en Palas de Rei, unha convención na que participarán os alcaldes e voceiros dos 67 concellos da provincia.
O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro presentará un informe no que se analizará a situación do Partido na provincia. A intervención do Presidente dos populares lucenses comezará ás 10:30 horas. A continuación tomará o relevo o Secretario Xeral quen presentará as estratexias que se van adoptar na campaña das próximas eleccións xerais. José Manuel Balseiro abrirá unha rolda de intervencións nas que todos os candidatos que o PP concorre ao Congreso e Senado presentaron as liñas de actuación específicas e o calendario de actos.
EN POSITIVO.- O Partido Popular encara estas eleccións xerais cun denominador común no seu plantexamento “presentar propostas que resolvan os verdadeiros problemas dos cidadáns”. José Manuel Barreiro explicou que o PP ten un programa que responde ás demandas da sociedade “non gastaremos nin un só segundo, nin unha soa palabra en provocacións. O Partido Popular non contribuirá a crispar nin a desviar con cortinas de fume e enganos esta campana”, puntualizou Barreiro.
O Presidente Provincial explicou que esta posta en común e intercambio de impresións foi moi positiva nas dúas anteriores edicións que se celebraron en Monforte e Viveiro “pensamos que é nestes foros onde debemos discutir, perfilar e facer aportacións para marcar e coordinar as nosas liñas de actuación”.
José Manuel Barreiro recalcou que “estas eleccións son de vital importancia non só para España, se non tamén para Galicia e para Lugo. Esta será unha campaña movida,con moita presenzas dos nosos na rúa”.
Esta convención de cargos do PP de toda a provincia pecharase cun xantar de confraternidade no restaurante albergue de A Cabana en Palas de Rei.