Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR ACUSA A BLANCO DE UTILIZAR O CETAL COMA UNHA AXENCIA DE COLOCACIÓN

Lugo, a 14 de febreiro de 2008.- O Partido Popular acusa ó PSOE e máis concretamente ó seu  Secretario de Organización e cabeza de lista ó Congreso por Lugo, José Blanco, de utilizar o ata agora “virtual” Centro Tecnolóxico Agroalimentario coma unha axencia de colocación “dos seus amigos”. 

As declaracións nas que José Blanco foi pillado asegurando a Lago Lage, candidato ó Senado dos socialistas lucense, que xa tiñan decidido quén ía a ocupar o cargo de director xeral do Cetal son unha proba da falta de independencia coa que se pon a andar este proxecto. Dos 15.000 postos de traballo prometidos no 2003, a día de hoxe non hai nin media ducia de persoas traballando na unidade de xestión e, despois de escoltar as declaración de José Blanco, en breve incorporarase un director nomeado a dedo.

É de lamentar a actitude do Sr. Blanco e moito máis o intento do  seu compañeiro de partido e alcalde de Lugo José López Orozco de enganar a todos os lucenses asegurando que se estaban a realizar o perceptivo proceso de selección cando éste xa está asignado ou e que o Sr. Orozco descoñece que o director do Cetal xa ten nomes e apelidos?

Para o Partido Popular este é un exemplo máis do enfrontamente que existe entre os dous goberno da Xunta. Os dous compiten con proxectos similares e agora do que se trata é de quén se impón antes pero, ó final, quen perde é Lugo. O Cetal, vendido polos socialistas como un gran proxecto, segue estancado polas zancadillas que BNG e PSOE estanse a facer.