Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE RESPONSABLES ORGÁNICOS DO BNG ESTÁN CONVOCANDO REUNIÓN DA ÁREA DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN

Lugo, 14 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do PP, representado polo seu voceiro adxunto José María González Barcia e polo deputado pola Mariña José Manuel Yanes Ginzo, asegurou hoxe en rolda de prensa, aportando documentos orixinais, que responsables partidarios do BNG están a convocar reunións do Deputado Provincial de Deportes,Veiga Otero, con entidades deportivas.

Na carta remitida polo responsable comarcal da Mariña do BNG, Ramón Hermida, cítase ós colectivos deportivos a unha reunión que ía ter lugar, onte, mércores, en Burela, ás oito e media da tarde, para falar da “política nacionalista” na área de Deportes da Deputación, e faise constar expresamente que a reunión será con Veiga Otero. González Barcia e Ginzo afirmaron que estas cartas chegaron a prácticamente todas as asociacións deportivas da Mariña.

Segundo explicaron ambos responsables populares, paralelamente a propia área de Cultura e Deportes da Deputación citaba a todos os concellos a unha reunión en Lugo, tamén para onte ás oito da tarde, para presentar a Asociación Galega de Xestores Deportivos, que, segundo Barcia, “é un chiringuito montado polo BNG para conseguir subvencións e enchufar ós amiguetes”. O voceiro adxunto do GPPP salientou que resulta “unha cousa curiosa que esta convocatoria faina Veiga Otero, pero non a asina”.

González Barcia considera que o BNG está a usar a Deputación coma “un chiringuito nacionalista” xa que está a facer o mesmo que  fai Vicepresidencia polo que se pregunta “cómo é posible que se marque a axenda do Deputado de Deportes desde o propio BNG”.

Barcia lembrou asimesmo que tanto BNG coma PSOE fartáronse de decir na época anterior que dende San Marcos se controlaba o PP; pois á vista desto, xa veremos o que din agora. Porque desde logo o único que falta é poñer un letreiro na área de vicepesidencia que diga “BNG, sede provincial”.

Barcia considera que “Veiga Otero é un coitadiño que está ás ordes de Hermida e do sector máis reaccionario do BNG, a UPG; e por se fora pouco, póñenlle como asesores a concelleiros nacionalistas de Cervo e Ribadeo que cobran da Deputacion, pero que aparecen pouco ou nada por ela”. 

O voceiro adxunto popular lembra que Hemida cobra como asesor do Conselleiro de Innovación pero o seu traballo é o de comisario político da zona da Mariña.

González Barcia afirma que o BNG está esquilmando os fondos da Deputación e tamén os fondos da Xunta, pagando a xente que traballa para o BNG pero que nada fai nin pola provincia nin por Galicia. 

Barcia e Ginzo pregúntanse se esta estratexia se vai seguir en todos os ámbitos da actuación da Deputación, sexa en áreas do BNG ou en áreas do PSOE, sería  bon que o fosen aclarando, para saber a que aternos.

Por outra banda, fanse a pregunta de rigor: “¿onde está Besteiro e que pinta en todo esto? Se Besteiro é coñecedor desta situación,  debería cesar automáticamente ó deputado delegado de deportes, por uso espúreo da institución provincial, que debe estar ó servicio de todos os cidadáns da provincia; cousa que é imposible que faga, porque Deportes é do BNG, co que se saca a conclusión de que Besteiro é medio presidente da Deputación”.

“E se Besteiro non coñece a situación creada, quen debe dar explicacións é precisamente Besteiro, para dar conta da súa ineptitude, pedir disculpas e recoñecer que é o que é, medio presidente da Deputación”, engaden.

“O certo é que Besteiro vai de “cool”, de “guay”, como se todo o que pasa na Deputación non fora con el, e ainda non se deu conta que el é o auténtico responsable de tanto desaguisado que se está a producir”. 

Barcia afirma que o Presidente da Deputación “está en estado cataléptico, abducido pola aureola do poder provincial, cando a realidade é que o bigoberno é un cesto de grilos, e o responsable do cesto pensa que tén xilgueiros”.