O Corgo, 13 de febreiro de 2008.- O Presidente Provincial do PP e candidato ó senado, José Manuel Barreiro, e o número un ó Congreso Joaquín García, acompañados polo alcalde de O Corgo José Antonio Ferreiro, mantiveron está mañá un encontro con empresarios deste municipio, así como con cargos electos do partido.
Na xuntanza, que se desenvolveu no centro sociocultural da localidade, José Manuel Barreiro e Joaquín García escoitaron as demandas e expectativas que lles plantexaron a delegación empreasarial. Todos coincidiron en suliñar que agardan que a posta en marcha do parque empresarial conleve o necesario despegue da economía da zona e permita darlle un pulo importante á dinamización do sector industrial. Destacaron neste senso que agardan que o asentamento de empresas nesta zona contribúa, ademais de a crear postos de traballo estables, a fixar poboación no municipio.
A ralentización das obras do corredor Nadela-Sarria, unha vía de comuniciación que dende o punto de vista económico será de gran trascendencia xa que aportará competitividade ás empresas alí instaladas, e sobre todo a preocupación xeral existente entre os veciños afectados polas expropiacións polo retraso que se están a producir nos pagos, foron outras das cuestión postas de manifesto na xuntanza.
O rexidor local tamén amosou a súa inquedanza pola paralización da que están sendo obxecto algunhas obras que o anterior goberno da Deputación Provincial tiña comprometidas. Ferreiro González fixo referencia a dúas obras en concreto: a mellora da N-VI entre San Cristovo-Adai, que incluía a construcción dunha variante ó seu paso por Pedradita e que xa estaba adxudicada, e a continuación do abatecemento de auga entre O Corgo e San Cristovo, que daría servicio ós núcleos de población de San Cristovo, Santa Mariña e Laxosa.
Barreiro e García aseguraron ós cargos electos do partido e á delegación empresarial de O Corgo que, tanto dende as súas responsabilidades actuais como as que acaden a partir da cita electoral do vindeiro día 9 de marzo, traballarán para poder dar resposta a estas reivindicacións que, segundo recoñeceron, son básicas para a mellora da calidade dos veciños do municipio como para o seu desenvolvemento económico.
Os cabezas de lista ó Senado e ó Congreso do PP de Lugo tamén aproveitaron a súa visita a O Corgo para percorrer a feira e participar nun xantar cos afiliados e simpatizantes do partido.