Partido Popular de Lugo

JOSE MANUEL BARREIRO E JOAQUÍN GARCÍA SALIENTAN EN SOBER A PROMOCIÓN TURÍSTICA DESENVOLTA POLO CONCELLO

Sober, a 12 de febreiro de 2008.- O Presidente Provincial do PP de Lugo e candidato ó Senado, José Manuel Barreiro, xunto co cabeza de lista ó Congreso, Joaquín García, visitaron esta mañá en Sober o centro de alfarería de Gundivós e o antigo Palacio dos Condes de Lemos, onde xa principiaron as obras para reconvertilo nun hotel de luxo. A alcaldesa da localidade e número dous da lista popular ó Congreso actuou como guía neste percorrido previo a participación na feira nun xantar con afiliados e simpatizantes do Partido Popular.

 

 Tanto José Manuel Barreiro como Joaquín García loubaron o traballo que se está desenvolver dende o Concello de Sober en aras de potenciar os sectores productivos prioritarios para economía soberina como son a viticultura e o turismo.

 

Neste senso destacaron que o centro de alfarería de Gundivós e a apertura do hotel de cinco estrelas veñen a sumar novas opcións a ofertar turística xa existente no municipio: as tres casas de turismo rural, os miradoiros, as rutas de senderismo recuperadas, a futura oficina de turismo e museo etnográfico…

 

Mención especial merecen as iniciativas desenvolvidas nos Chancís, que convertiron esta zona nun lugar emblemático e de referencia sobre o que debe ser unha respetuosa intervención integral, xa que nela complementáronse perfectamente a protección medioambiental, a promoción turística e recuperación etnográfica, e na que se ofrece ó visitante un amplo repertorio de posibilidades: un embarcadoiro, unha viña experimental, unha ruta polos muiños do arroio de Xabrega (iniciativa premiada polo Colexio de Arquitectos de Galicia), un centro de interpretación… 

 

Elías González explicou pormenorizadamente ós líderes populares o proceso de fabricación da oleiría tradicional de Gundivós, así como as iniciativas que ten previsto desenvolver no centro de artesanía ubicado na antiga retoral e que van dende a organización de actividades formativas á creación dun museo, ou mesmo as que xa se están a realizar como é a de taller ou punto de venta.

No que atinxe ó palacio de Sober, foi un técnico do estudio de arquitectura de Manuel Viéitez o que explicou a fase na que se atopan os traballos, despois de que dende o pasado verán se principiaran a facer labores de limpeza e desescombro, así como as pertinentes catas arquolóxicas, e a principios deste mes, tras a concesión dos permisos necesarios, comenzaran as obras propiamente ditas.

  

 O arquitecto suliñou que unha dos principais obxectivos que se fixa a empresa promotora, Alvaher 98, que adicará a este proxecto máis de oito millóns de euros, é extremar o respeto pola estructura orixinal, dado, ademais, que é un edificio singular dentro da arquitectura civil galega.

 

Tras a visita, Barreiro e García salientaron a relevancia que ambas iniciativas terán para Sober. No primeiro caso porque permitirá asegurar a conservación da tradición oleira de Gundivós e a súa transmisión seguindo o mesmo método ancestral e no segundo porque suporá un importante revulsivo económico para o municipio tanto pola creación de novos postos de traballo (a Escola de Hostelería de Rosende é, de feito, un viveiro de bos profesionais que poderían atopar aquí unha boa saída laboral) como polo tipo de clientes que acudirán a disfrutar destas instalacións.