Partido Popular de Lugo

O PP DE A FONSAGRADA CRITICA QUE O CONCELLO AINDA NON PEDIU NINGUNHA AXUDA Á XUNTA PARA CONSTRUIR UN POLIGONO

A Fonsagrada, a 8 de febreiro de 2008.- O voceiro do grupo municipal do Partido Popular en A Fonsagrada Tobías Martínez Cotarelo mostrou hoxe o seu estupor ante a confirmación de que o Goberno local non ten solicitada, a día de hoxe, ningún tipo de axuda para a construcción dun polígono industrial no municipio. Unha demanda que, lembra o voceiro popular, é unha constante reivindicación dende hai varias legislaturas por parte dos empresarios da zona.

 

O Grupo Parlamentario Popular a través da súa deputada Manuela López Besteiro presentou hoxe en comisión unha Proposición Non de Lei na que instaba á Xunta de Galicia a iniciar coa maior celeridade posible a construcción do mencionado parque empresarial. O Partido Socialista enmendou esta proposta indicando que o Parlamento instara á Xunta para que, si o Concello de A Fonsagrada o solicita, estea en disposición de estudar a súa colaboración na construcción do citado parque, sempre e cando se cumpran todos os requisitos legais precisos para elo.

 

No trancurso do debate, o deputado nacionalista Blanco Parga puxo de manifesto que a Xunta de Galicia non ten constancia a día de hoxe de que dende o Concello de A Fonsagrada se solicitara ningún tipo de axuda tendente a lograr a construcción do polígono industrial.

 

Para o voceiro do Partido Popular en A Fonsagrada a constatación deste feito é moi grave porque pon en cuestión a capacidade do goberno local para loitar polos intereses dos veciños e, ó máis grave ainda, a súa vontade política de defender eses intereses.