Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR CONSIDERA QUE O PSOE ESTÁ NERVIOSO E CARECE DE ARGUMENTOS PARA DEFENDER A SÚA XESTIÓN

Lugo, a 8 de febreiro de 2008.- O Partido Popular considera, a tenor das declaracións realizadas polo deputado e concelleiro socialista José Tomé, que é o PSOE o que afronta con nerviosismo e desorientación a vindeira cita electoral.

 

Pode ser, ó entender do Secretario Xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, que o PSOE e especialmente o Sr. Tomé adique tanto tempo a falar das listas do PP porque en realidade do que non está moi seguro é da que presenta o seu propio partido. “Cando un emprega un ataque tan pobre para descalificar ós integrantes doutra candidatura é que non dispón doutros argumentos máis serios para facelo”, explica Balseiro.

 

O Secretario Xeral do PP de Lugo recalca que a preocupación de Tomé pode vir dada porque os populares foron capaces de renovar as súas candidaturas, con xente nova, emprendedora e ampla experiencia, e na que ademais están representadas todas as comarcas de Lugo. Quere dicir esto que gracias ó PP, en Madrid toda a provincia de Lugo (a capitalidade, a zona centro, o sur e a Mariña) estará ben representada.

 

Outro cousa moi distinta é o que acontecerá co Partido Socialista, xa que os tres candidatos con posibilidade de acadar un posto, entre o Congreso o Senado, son de Lugo capital, quedando o resto da provincia sen voz en Madrid.

 

Quen demostra non ter ningún peso político dentro do seu propio é o Sr. Tomé porque, á vista da lista que presenta o seu partido, non foi quen de lograr que se inclúa algún representante da súa zona. O PP é o unico que presenta un candidato con posibilidades reais de que o Sur da provincia teña presencia en Madrid.

 

De feito o secretario xeral do PP de Lugo, recoméndalle ós socialistas que non perdan o tempo en facer un novo programa electoral xa que, con cumprir o que prometeron hai catro anos, chegarialle. O problema é, recalca Balseiro, que despois dunha lexislatura perdida, ninguén se vai arriscar a seguir confiando na súa palabra. 

 

 

DESINTERESE.- O desinterese do Partido Socialista pola Zona Sur reflíctese tamén na falta de actuacións reais nestes catro anos. E se, como recoñece o Sr. Tomé, a única actuación nesta lexislatura limítase a botar unha capa de rodadura á N-120, pouco fixo pola zona.

 

O deputado socialista recoñeceu que Tradisa non ten máis plantilla porque a Xunta e o Goberno central non foron capaces de poñer a funcionar o Porto Seco; e de Pacadar, polo de agora, seguimos a ter só promesas.

 

En materia ferroviaria, Balseiro lembrou que nestes catro anos non se fixo ningunha obra de infraestructura  de relevancia. Mentres que, por exemplo, nos catro anteriores investíronse máis de 21 millóns de euros na eliminación de pasos a nivel e mellora da rede ferroviaria cun aforro de 26 minutos no tramo entre Monforte e A Coruña e tamén unha reducción destacable entre Monforte e Ourense.

 

A creación de novos cuarteis para a Garda Civil, como é o caso do de Quiroga, a dotación de novas instalacións para a comisaría da Policía Nacional en Monforte, foron outras das moitas obras realizadas co goberno do PP en Madrid, nunhas materias en que tampocuo Zapatero fixo nada, a pesar das reiteradas promesas.

 

Outras das obras que xa estaban asinadas, con proxectos xa realizados e dotación orzamentaria, e das que non se  moveu nin unha soa pedra son as melloras dos marxes dos ríos nas zonas pizarreiras da comarca de Quiroga; así como as melloras da área recreativa de Canaval (Sober), cuns investimentos superiores ós cinco millóns de euros.

 

Con este currículum, dende o Partido Popular, José Manuel Balseiro, entende o nerviosismo que está a vivir José Tomé e o PSOE, xa que a estas alturas os veciños xa saben que as promesas electorais realizadas polo PSOE non teñen ningún valor.