Monforte, 6 de febreiro 2008.- O Presidente provincial do PP e candidato ó Senado, José Manuel Barreiro, criticou hoxe en Monforte a falta de respaldo do Goberno de Madrid con este municipio e lembrou que aínda están pendentes de executar as grandes infraestructuras reiteradamente comprometidas. Unhas infraestructuras que resultarían decisivas para favorecer a creación e asentamento de novas empresas e, consecuentemente, para reactivar a creación de emprego, que neste intre non está a pasar polos mellores momentos, segundo recalcou Barreiro.
Un dos exemplos máis sonados é a tantas veces prometida autovía Monforte-Ponferrada, a A-76. “O número dos do Partido Socialista José Blanco atreveuse a decir que a súa palabra valía máis que a da ministra e a falar de plazos: que en 2010 estaría lista esta autovía. Pero nin un milagro permitiría que se cumpliran esas previsións”, indicou Barreiro.
No que atinxe a outras infraestructuras, José Manuel Barreiro incidiu en que o Goberno Central desatendeu totalmente o ferrocarril, “un sector que tradicionalmente marcou o desenvolvemento económico e social desta cidade”. “Non falamos xa do AVE Ponferrada-Monforte, que o Goberno Zapatero directamente esquenceu, senón do transporte ferroviario tradicional tanto de pasaxeiros como de mercadorías. O Goberno socialista negouse, por exemplo, a incrementar as frecuencias diarias nos servicios de cercanías das liñas Lugo-Monforte e Lugo-A Coruña ou a poñer en marcha un tren Talgo ou similar na liña Madrid-Lugo-A Coruña. O resultado é que o tren non é alternativa de transporte para desplazarse a outras cidades de Galicia e moito menos á outras rexións do Estado”, explicou.
Tamén lembrou o líder popular que o Goberno de Zapatero rechazou incrementar a partida presupuestaria adicada á construcción dos accesos ó porto seco dende N-120. “Unha infraestructura que este ano debía atoparse xa en pleno funcionamento e que estaba chamada a converterse nun motor de desenvolvemento económico, non só para Monforte senon para toda a comarca, pero que por agora non cumpriu ningunha das expectativas previstas”.
Tampouco se sabe nada da nova comisaría de Policía prometida reiteradamente por José Blanco. “O único seguro é que os orzamentos do Goberno Zapatero para este ano non inclúen ningunha partida específica para a execución deste proxecto”, explicou Barreiro.
No que atinxe á situación do emprego, o líder dos populares lucenses amosou a súa preocupación polo feito de que Monforte, pese as súa potencialidades, no sexa capaz los xenerar emprego, cando menos ó ritmo que sería necesario para compensar a tendencia nada esperanzadora a este respecto. Neste senso, botou en falla que pouco ou nada se saiba das empresas que o Partido Socialista asegurara que se ían a instalar en Monforte nas semanas previas ás pasadas eleccións municipais.
José Manuel Barreiro fixo referencia ó centenar de empregos directos que xeneraría a instalación dunha empresa adicada á fabricación de prefabricados para obra pública do que falou no seu día ó líder dos socialistas en Monforte e agora tamén voceiro do Grupo Parlamentario Socialista en cuestións de traballo José Tomé. “Tomé tamén dixo que o densembarco da empresa Tradisa no porto seco de Monforte conlevaría a creación doutros 40 postos de traballo. Tradisa efectivamente está a empregar a explanada da plataforma loxística pero non dá traballo nin a media ducia de persoas”, explicou Barreiro, quen engadiu “que parece que o Sr. Tomé segue o exemplo do Sr. Blanco de prometer cosas durante as campañas electorais que despois sistemáticamente incumple”.
O Presidente dos populares lucenses e candidato ó Senado fixo estas declaracións momentos antes de manter, a primeira hora da tarde de hoxe na sede do PP de Monforte, un encontro con alcaldes, voceiros e concelleiros do seu partido na comarca de Lemos, así como militantes e integrantes das candidaturas ó Congreso e ó Senado, entre eles, Raquel Arias, Julio Alvarez e Armando Castosa.