Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR AFIRMA QUE O GOBERNO DO PSOE EN MADRID SUPUXO UN RETROCESO PARA A ECONOMÍA DE SARRIA

Sarria, 4 de febreiro de 2008.- O Presidente Provincial do Partido Popular e candidato ó Senado José Manuel Barreiro, afirmou que o goberno do PSOE en Madrid supuxo “un retroceso para a economía de Sarria e a súa comarca. Está claro que Zapatero non aposta polo desenvolvemento dos sectores económicos principais desta comarca”.

 

Barreiro referiuse ás crecentes dificultades económicas que teñen que afrontar as preto de 700 explotacións gandeiras adicadas á producción leiteira e cárnica da comarca “co goberno de Madrid estableceuse a peor cuota láctea que nunca tiveron que padecer antes os gandeiros”.

 

“Proba do desencanto do sector  é que nos dous últimos anos máis de 600 explotacións de leite da provincia pecharon as súas portas” puntualizou o Presidente Provincial.

 

O candidato ó Senado tamén chamou a atención sobre as dificultades dos gandeiros que se adican á producción de carne, destacando os do sector porcino: “mentres os prezos en orixe baixaron entre un 15 e un 30%, os pensos medran arredor dun 40%. Se a base da alimentación animal fosen determinados tipo de cereais, a situación sería aínda máis extrema, xa que os prezos de cebada, trigo e millo aumentaron un 90, 78 e 64 por cento, respectivamente, no último ano”.

 

O incremento do prezo do gasóleo, que medrou  nos últimos 3 anos ata o 170%, supuxo outro mazazo para a economía dos gandeiros de Sarria e comarca.

 

 

POLÍGONO INDUSTRIAL.- O frenazo de solo industrial é outra das herdanzas destes catro anos de goberno Zapatero en Sarria. A chegada do PSOE a Madrid deixou riba da mesa o proxecto de ampliación do polígono industrial de O Mourelle. Nesta segunda fase estaba previsto que se  acondicionasen 250.000 m2 de chan industrial.

 

A xuizo dos populares a parálise desta obra está a repercutir negativamente no crecemento empresarial da comarca, xa que impide a expansión de empresas “a única saída que lles queda para medrar e modernizarse é a de marchar a outros polígonos industriais dos arredores”.

 

José Manuel Barreiro explicou como o “desinterese do goberno central”  chega a tal extremo que “nin tan seguera foron capaces de xestionar unha  axuda de 30.050 euros  que quedou comprometida co goberno do Partido Popular para dar un lavado de cara ó actual polígono”.

 

José Manuel Barreiro pediulle a José Blanco que explique aos empresarios que  reclaman con urxencia dispoñer de solo industrial en Sarria as razóns da paralización da segunda fase desta zona industrial “o  Señor Blanco  comprometeuse en Sarria, nun acto público, a facer as xestións precisas diante da Ministra de Fomento para desbloquear a situación do polígono cando nin tan seguera o asunto era competencia da súa carteira”. “Está claro que a  osadía e demagoxia do nº 2 do PSOE chega a tal extremo que as súas promesas, dende o primeiro momento, son imposibles de realizar”

 

 

Ou ¿é que o señor Blanco non sabe que dende o ano 2004, o SEPES pasa a depender do Ministerio de Vivenda?.

 

REUNIÓN DE TRABALLO.- Previo á rolda de prensa tivo lugar unha xuntanza na que participaron os alcaldes e voceiros do Partido Popular da comarca, xunto co cabeza de lista ó Congreso pola provincia de Lugo Joaquín García Díez, a nº3 da lista, Olga Iglesias Fontal e a candidata ó Senado María del Carmen Gueimunde. Tamén asistiu Fernando Carlos Rodríguez, que desta volta figura como suplente ó Senado polo Partido Popular.

O Presidente Provincial José Manuel Barreiro puntualizou que durante esta precampaña os seus cargos centrarán o traballo a pé de rúa para explicar “un por un” os incumprimentos de compromisos adquiridos polo goberno central coa provincia de Lugo.