Partido Popular de Lugo

O PP DENUNCIA O EMPREGO DUNHA TÉCNICA CIRÚRXICA MÁIS AGRESIVA NOS PACIENTES DE CIRUXÍA VASCULAR TRANSFERIDOS DO HOSPITAL DE LUGO ÓS CENTROS CONCERTADOS DA CORUÑA

Lugo, a 1 de febreiro de 2008.- O deputado autonómico do Partido Popular Dámaso López criticou hoxe en rolda de prensa que os pacientes de ciruxía vascular do Hospital Xeral, que se desvían a outros centros hospitalarios fóra da provincia (á Coruña concretamente) polo colapso total no que se atopa este servicio e que precisan unha intervención, sexan operados pola técnica “Safenectomía” e non pola “técnica Chiva” como se viña facendo ata o de agora.

 

Segundo explicou o deputado popular, a utilización da “Safenectomía” presenta moitos inconvintes. En primeiro lugar é unha técnica cirúrxica moito máis agresiva e require unha recuperación postoperatoria moito máis longa e máis complicada, polo que provoca o rechazo dos propios pacientes cando a coñecen e non a teñen indicada.

Esta técnica, que é máis agresiva dende o punto de vista cirúrxico, consiste, segundo explicou Dámaso López, en estirpar a vena safena na súa totalidade. Pola contra, na “técnica Chiva” non se extrae senón que se liga e queda na perna, e é, ademais, unha ciruxía ambulatoria. O paciente, despois de ser operado, vaise para a súa casa, ó contrario da “Safenectomía” que require un postoperatorio de varios días no centro sanitario.

 

Prodúcese, por tanto, unha situación que o deputado popular non dubidou en calificar de irresponsable. Así, segundo explicou, os pacientes transferidos ós centros hospitalarios coa indicación dos ciruxanos de Lugo de ser intervidos coa citada “técnica Chiva” ven como os facultativos destes centros extralimítanse nas súas competencias e cambian as indicacións establecidas polo médico de orixe. O lóxico é que se non se realiza nese centro a intervención prescrita polos ciruxanos do servicio de Lugo, ben por falta de pericia ou por discrepancia coa indicación, se devolva os pacientes ós hospitais de orixen (neste caso concreto ó de Lugo).

 

A transferencia dos pacientes a outros centros tense feito en momentos puntuais para axilizar a lista de espera, e evitar as masificacións. E neste caso que nos acupa, enviávanse ó centro sanitario Santa Teresa, que practicaba a “técnica Chiva” que se lle indicaba.

 

Agora, dende eiquí, tamén envían ós pacientes ó San Rafael, “e a nós tamén nos parecería ben o seu envío a este centro”, puntualiza Dámaso López, “o problema xurde porque neste último centro citado os seus ciruxáns vasculares cambian as indicacións feitas polos nosos facultativos, e optan na meirande parte dos casos por aplicar a “Safenectomía”, desoíndo non só a prescripción médica senón tamén as peticións dos propios enfermos, ós que tratan de convencer nese senso”.

 

Dámaso López puxo de manifesto tamén que “casualmente” o director do hospital San Rafael está dirixido polo anterior secretario xeral do Sergas, Antolín Rodríguez. O PP xa denunciou fai case un ano que tamén casualmente, a xerente do hospital de Ferrol derivaba masivamente os seus pacientes ó centro San Rafael.

 

“Este Sr. si que vulnera a incompatibilidade dos membros da Xunta porque a norma, no seu artigo 4.5, señala que durante os dous anos seguintes a data do seu cesamento, os cargos comprendidos no ámbito de aplicación desta lei non poderán realizar actividades privadas relacionadas con expedientes sobre os que xa dictasen resolucións no exercicio do cargo, nin asignar contratos de asistencia técnica de servicios ou similares coas administracións públicas”.

 

Para o deputado popular os únicos responsables desta situación son non só a Conselleira e os seus servizos centrais, senón tamén os responsables da sanidade pública na provincia de Lugo, que, segundo dixo, “están desaparecidos”. “Pero claro, todos eles lle deben o nomeamento o citado D. Antolín Rodríguez. Acórdense cando o alcalde Orozco, PSOE, UXT, etc, non querían ó delegado e máis houbo que “tragalo”, apostillou Dámaso López.

 

“Miren, nesta Consellería xa se foron case todos os que comenzaron: o Secretario Xeral, o Director Xeral da División Sanitaria, a Directora Xeral de Recursos Económicos, etc…, incluso onte, o Voceiro de Sanidade no Parlamento, o doctor Pose Mesura, o cal cansóuse de tapar os desaguisados. E vostedes podeno comprobar a diario, xa que nos seus medios se fan eco dos colapsos existentes nos hospitais”, engadiu.