Partido Popular de Lugo

O GPPP ACONSELLA Ó RESPONSABLE DE VÍAS E OBRAS QUE LEA OS DECRETOS QUE ASINA O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

Lugo, a 1 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular considera que o deputado delegado de Vías e Obras, Manuel Martínez, debería de preocuparse por enterarse mellor do que pasa na Deputación e incluso, podería falar algo máis co seu Presidente.
O GPPP mantense en todo o explicado onte a través dunha nota de prensa polo voceiro adxunto, José María González Barcia.

Así, en primeiro lugar, é preciso recalcar que, pese a que o Sr. Martínez o descoñeza, non só que se presentou un recurso contra a súa decisión de trasladar a traballadores do servicio de Vías e Obras que el dirixe, senón que presentáronse dous.
Tamén resulta grave ó entender do GPPP que o Sr. Martínez, membro do equipo de goberno da Deputación e responsable dunha das súas áreas, descoñeza os decretos que asina o Presidente e que, para máis inri, lle afecten a el directamente. O decreto ó que se fai referencia é do 9 de xaneiro, é o número 0026.

Para os populares, este descoñecemento pon de manifesto que a comunicación entre o Sr. Besteiro e o Sr. Martínez ou non pasa polo seu mellor momento ou simplemente non existe.
Outra das incógnitas que debe desvelar o deputado e responsable de Vías e Obras de Deputación fai referencia, segundo o GPPP, a que, si como el insiste en recalcar, ten delegadas todas as compentencias referidas a este servicio, cómo é posible que o decreto do Presidente diga o que di. Entre outras cousas que  “a delegación xeral conferida ós Delegados de Área por decreto da Presidencia de 1 de agosto de 2007 non alcanza a facultade de dictar actos administrativos”.

Ó entender do GPPP, o que é un “chollo” por empregar a mesma palabra que o Sr. Martínez, é el porque non se entera ou non quere enterarse do que pasa na Deputación, quizais porque está demasiado recluido no seu despacho do fogar de Santa María ou porque directamente “pasa” do que faga ou diga o seu compañeiro de partido e Presidente da Deputación.