Lugo, 31 de xaneiro de 2008.- O Grupo Provincial do PP afirmou hoxe que os cambios de zona impostos ó persoal do Servizo de Vías e Obras da Deputación comenzan a ser replantexados e que, alomenos tres dos traslados efectuados, foron paralizados.
O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, explicou que esta situación vén dada porque dous traballadores negáronse rotundamente no seu momento a trocar o lugar no que tiñan que desempeñar o seu traballo (un deles está na súa casa agardando un novo destino dende antes do Nadal e o outro, neste intre, atópase de baixa por enfermidade) e pola presentación, por parte do terceiro, dun recurso contencioso-administrativo contra a Deputación a raiz da resolución do Deputado delegado, Sr. Martínez, de cambiar de zona ó persoal de Vías e Obras.
Neste último caso, a partir da chegada da comunicación xudicial á Deputación, o propio Presidente asinou un Decreto, con data do pasado día 9 de xaneiro, no que recoñece que o Sr. Martínez extralimitouse nas súas funcións, xa que “a delegación xeral conferida ós deputados delegados… non alcanza á facultade de dictar actos administrativos”, segundo se recolle no documento.
No mesmo decreto tamén se observa que a “urxencia” alegada por Martínez para xustificar a súa decisión “non autoriza a que ó funcionario se lle obrigue a realizalas (en referencia ás funcións indicadas na resolución do deputado-delegado do servicio de Vía e Obras) por tempo indefinido contra a súa vontade”.
Do decreto da Presidencia da Administración provincial, segundo explicou González Barcia, sácanse dúas conclusións. A primeira fai referencia a que Martínez actuou sen coñecemento do propio Besteiro e de xeito precipitado, xa que tomou unha decisión para a que non tén competencias e, ademais, deulle carácter de urxencia a unha medida adoptada pola súa conta e risco.
A segunda conclusión é que, polo propio contido do Decreto, estáselle a recoñecer ós traballadores o dereito que teñen a permanecer no seu posto de traballo e, polo tanto e aínda que sexa de xeito indirecto, o Presidente “dalle un bon tirón de orellas a Martínez”.
Por todo o indicado, o GPPP, segundo explicou o seu voceiro adxunto, reitera as críticas feitas no seu día ó traslado de máis dunha treintena de traballadores do Servicio de Vías e Obras da Deputación ó considerar que, como en outros moitos asuntos, as decisións adoptadas responden a unha total improvisación e sin ter en conta nin valorar, ademais, os perxuicios que este xeito de actuar conleva.
A rectificación á que agora se ven obrigados os responsables do organismo provincial poñen de manifesto asimesmo que “os traslados fixéronse pola brava”. Algo que, segundo salientou González Barcia, “responde ó carácter do Sr. Martínez”.
O voceiro adxunto do GPPP tamén suliñou que o Presidente da Deputación “calou e deixou facer cando principiaron a facerse efectivos estes cambios pero agora, que ten que firmar papeliños e asumir e responder das decisións de outros, valora doutro maneira a situación”.