O Grupo Provincial do PP reitera a súa visión de que a construcción do vial de alta capacidade Ferrol-San Cibrao é unha “cuestión de provincia” e que, na súa reivindicación, debería contarse co apoio da Deputación da Coruña.
O Grupo Provincial do PP manifestou hoxe en rolda de prensa que o PSOE e o BNG non farán o corredor San Cibrao-Ferrol porque entre os dous disminuiron os orzamentos previstos para 2008, que pasaron de 33’7 millóns de euros a 3’4. O que significa unha disminución do 92’5%, e prorrogan os prazos para máis alá de 2011. Tanto é así que o primeiro expediente de expropiación tramitado é de finais de 2007. E nas previsións orzamentarias da Xunta para o 2009 só hai 34 millóns de euros dun investimento total de máis de 200.
Ademais, segundo o voceiro adxunto do GPPP, o PSOE e o BNG rexeitaron no Parlamento autonómico cos seus votos o cumplimento das previsions que se especificaban no orzamento de 2007. Pola contra, explicou Barcia, o PP deixara en marcha proxectos constructivos vinculados ó 57 por cento do trazado, con especifidade de tres primeiros trazados calificados como prioritarios. Entre eles, a variante de Ortigueira e o tramo Celeiro-San Cibrao.
González Barcia fixo estas declaracións logo do pleno celebrado onte na Deputacion, indicando que o PSOE e o BNG perderon tres anos para executar esta obra da que non se construiu nin un só quilómetro. Deben explicarlle ós cidadáns o por qué deste retraso.
No que se refire á postura do BNG, Barcia afirmou que é totalmente farisaica, xa que hai dous anos estaban nos cruces de A Espiñeira e do Alto do Castelo manifestándose e agora cos seus votos retrasan conscientemente a execucion da obra. Por certo, non se entende como en Xove e en Ortigueira votan a favor de reivindicar esta obra e na Deputación se opoñen.
Ademais, compre destacar, segundo salientou González Barcia, que o responsable comarcal do BNG da Mariña estaba de acordo coas medidas reivindicativas plantexadas polo PP e así se manifestou na reunión convada pola CEL en Burela, e celebrada hai tres semanas.
O que se demostra con estes posicionamentos dos dous partidos que sustentan o bigoberno na Deputación é un claro desinterese hacia a Mariña, pero tamén hacia o conxunto da provincia.
CONSORCIO DE BOMBEIROS.-
O Grupo Provincial do PP reiterou asimesmo que o protocolo de intencións aprobado onte polo Pleno da Deputación non recolle ningún tipo de temporalización, nin compromiso orzamentario, nin definición de zonas, nin solucions para a Ulloa, a Montaña, e os parques de Lugo e Monforte.
Neste senso González Barcia fixo mención a que, ainda que o PP votou a favor, non hai, segundo un informe xurídico da propia Deputación, vinculación algunha por parte das administracións e concellos asonantes con respecto a este protocolo. E o peor é que no pleno pediuse maior concreción en plazos e en cartos, e non se fixo. A pregunta é moi sinxela, por que non se definen no protocolo os plazos, os orzamentos e o ámbito de actuación de cada un dos parques de bombeiros.
Barcia dixo que o propio Presidente da Deputación se asustou co importe que tiña que poñer a Deputación para os parques de bombeiros, e eso recoñeceuno o propio Besteiro nunha reunión cos alcaldes da Mariña, dicindo que daquela si que comprendía a postura do seu predecesor no cargo Francisco Cacharro.
González Barcia manifestou que sobre este tema existe moita indefinición e “é unha historia de Besteiro con só xestos e simulacións”. Lembrou que o PSOE é culpable do incumplimento dos orzamentos de 2005 da Xunta de Galicia, nos que estaba consignado máis de un millón de euros para o parque de bombeiros de Barreiros, Viveiro, etc.
Recalcou tamén que foi un alcalde socialista, o de Ribadeo, o que non asinou o consorcio que propoñía a Deputacion, co que se paralizou a posta en marcha do parque de Barreiros.