Partido Popular de Lugo

O COMITÉ ELECTORAL PROVINCIAL PECHOU ESTA MAÑÁ AS LISTAS DO PARTIDO POPULAR Ó CONGRESO E Ó SENADO

A decisión, adoptada por unanimidade, establece que a lista o Congreso estará encabezada, como xa se decidiu no seu día, por Joaquín García Díez (Nado en Ferrol o 16 de setembro de 1954, biólogo de profesión e ata o momento deputado no Congreso e voceiro do PP no Concello de Lugo), seguido de Raquel Arias Rodríguez (Sober, 2 de abril de 1966, licenciada en Periodismo e alcaldesa de Sober); Olga Iglesias Fontal (Triacastela, 5 de abril de 1971; funcionaria do corpo de veterinarios da Xunta e voceira dos populares en Triacastela) e Julio Álvarez Núñez (Bilbao, 18 de agosto de 1957, diplomado en Enfermería e alcalde de Quiroga).

 

No que atinxe as listas do senado, ésta estará integrada por José Manuel Barreiro Fernández (Lugo, 18 de setembro de 1957, catedrático de Universidade e Presidente provincial do PP, voceiro do grupo popular na Deputación e concelleiro da corporación de Lugo), Armando Castosa Alvariño (Cospeito, 22 de novembro de 1963, funcionario da administración local e alcalde de Cospeito), e María del Carmen Gueimunde González (Viveiro, 7 de setembro de 1968, profesora de instituto e concelleira en Viveiro).

 

A proposta realizada polo comité electoral provincial xa foi ratificada esta mañá polo comité electoral autonómico.