O Presidente Provincial, Xosé Manuel Barreiro, e o cabeza da lista ao Congreso, Joaquín García Díez, encabezaron a comitiva de máis de 3.000 lucenses que se quixeron achegar a garantir o seu apoio a Mariano Rajoy para as próximas eleccións xerais do 9 de marzo.
![]() |
En total se estima que unhas 12.000 persoas de toda Galicia acudiron, en 195 autobuses e innumerables coches particulares ao mitin de precampaña do presidente do PP, Mariano Rajoy.
![]() |
Nun acto que se podería cualificar sen dúbida de cegador, Rajoy deuse un baño de multitudes, arroupado por unhas 12.000 persoas nun Multiusos do Sar que estaba cheo ata a bandeira.
As previsións da organización, que contaba cunhas 8.000 ou 9.000 persoas, víronse totalmente desbordadas por unha marea de entusiastas colaboradores e simpatizantes, que acudiron a compartir un acto cheo de optimismo e alegría co que esperan que sexa o próximo Presidente do Goberno.
![]() |
O ambiente totalmente festivo do acto supuxo a confirmación de que os populares galegos ven con grandes esperanzas a próxima cita electoral.
A intervención de Afonso Rueda, secretario xeral do Partido Popular de Galicia, abriu un acto brillante que tamén estivo amenizado por un grupo folk que animou a espera dos asistentes, que agardaron con paciencia a que os seus miles de compañeiros tomasen asento, ata nos corredores.
Rueda deu paso a un Núñez Feijóo claramente animado que pediu traballo, prudencia e paciencia ante unha campaña que prevé infestada de insultos e xogo sucio por parte dos adversarios políticos de Mariano Rajoy. «Ante a demagoxia, feitos; ante o insulto, argumentos; ante as descualificacións, tranquilidade «.
O Presidente do Partido Popular de Galicia presentou a continuación aos cabezas de lista das catro provincias, sendo o primeiro deles o Portavoz do noso Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, a quen se referiu como «o mellor alcalde que tivo nunca Lugo«.
![]() |
Para rematar, os catro candidatos e o Presidente do PP de Galicia recibiron ao Presidente do Partido Popular, e candidato á Presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, que foi interrompido no seu discurso en múltiples ocasións por un auditorio non só entregado, senón entusiasta.
![]() |