Partido Popular de Lugo

O GPPP QUERE SABER QUÉ CRITERIOS SE SEGUIRON PARA PERMITIR O USO DO SALON DE ACTOS DA DEPUTACIÓN

O Grupo Provincial do PP presentou unha pregunta, para ser respostada polo Presidente da Deputación no pleno do vindeiro martes, solicitando información sobre o proceso de autorización e criterios seguidos para que o deputado en funcións do BNG Francisco Rodríguez ocupara o salón de actos do Pazo Provincial para un acto político.

 

Tamén preguntan os populares si se poderá usar esta dependencia ou outras propiedade da Deputación para actos políticos e, de ser afirmativa a resposta,  en base a qué procedementos e criterios.

 

O Voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, calificou de “auténtica ocultación da representatividade e de acto do máis acusado fundamentalismo intolerante” que se lle permita ó Sr. Rodríguez o emprego dunha dependencia que representa a todos os cidadáns lucenses e se lle negue ó Grupo Provincial do PP, que representa precisamente ós cidadáns lucenses, unha sala para celebrar unha rolda de prensa. Unha negativa, engade, que xa foi reiterada.

 

González Barcia afirma que se está a facer un uso partidista da Deputación, tanto polo PSOE coma polo BNG. Para o PP, o uso aberto do salón de actos para actividades culturais é razonable, pero que o empregue o BNG a través do Sr. Rodríguez, que é cargo orgánico e institucional dese partido político, “é unha burla ás máis mínimas normas formais da práctica política”.

 

Barcia tamén criticou a Besteiro, xa que o considera “un presidente falto de autoridade e de criterio, un presidente ausente, que de feito falta sistemáticamente ás xuntas de goberno e que non tén carácter para impoñerse”. Lembra que “el foi quen lle negou en varias ocasións ó Grupo Provincial do PP a utilización dunha sala “nun intento por amordazarnos dentro da institución á que pertencemos”.

 

O voceiro adxunto do GPPP pregúntase tamén “a quén representa Francisco Rodríguez na provincia de Lugo, para que poida usar a Deputación para decir o que queira” e pídelle a Besteiro que dunha vez por todas se poña a traballar, “se é que tén ganas”, e a exercer de presidente, “que para eso está onde está”.