Partido Popular de Lugo

GONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA QUE ROEL E REGO SON OS MENOS INDICADOS PARA FALAR DO CORREDOR SAN CIBRAO-FERROL

O voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP manifestou hoxe que Ismael Rego e Melchor Roel son os menos indicados para falar do corredor San Cibrao-Ferrol, “porque Roel torpedeu todo o que quixo e máis a variante de Viveiro, empregando como escudero ó BNG”. Por esta razón, considera que  agora “debería alegrarse de que se queira axilizar todo o vial, porque é bon para Viveiro e para toda a comarca”.

 

José María González Barcia lembrou que “Touriño recoñeceu hai dous meses que a variante de Viveiro estaba atascada e era un problema”, e que “Ismael Rego impediu que houbese máis cartos en 2008 para este corredor, xa que votou en contra dos incrementos orzamentarios precisos para axilizar a súa construcción”.

 

O que acontece, en opinión de Barcia, é que tanto Rego coma Roel son, no fondo, conscientes de que a construcción do vial San Cibrao-Ferrol vai quedar moi lonxe no tempo. “Parodiando o título dunha grande película”, engade, “é “un horizonte lonxano e realmente a eles gustaríalles estar detrás da pancarta, porque eso é o seu, como demostrou Rego na pasada lexislatura participando tódolos fins de semana nas manifestacións nas que reivindicaba a estrada Foz-Alfoz, con cortes de tráfico e toda a parafernalia”.

 

“Agora non lles cabe na cabeza”, explica o voceiro adxunto do GPPP, “que o PP solicite, pacíficamente, que se axilice e se concreten cartos e plazos para a construcción desta importante estrada que acumula un retraso máis que considerable e do que eles dous teñen parte da culpa”.

 

“Rego debe explicar por que se reduciu a dotación orzamentaria de 33’7 millóns de euros a 3’5 nos presupostos da Xunta deste ano, e se esa consignación é suficiente para todo o que dixo Caride que se ía facer ó longo de 2008”, explica Barcia, quen dixo tamén que “Roel pode reafirmar co seu voto o vindeiro martes na Deputación o seu compromiso coa realización da obra, se é que realmente cré nela”.