O Grupo Provincial do PP formulará unha pregunta na sesión plenaria, que celebrará a corporación provincial o próximo martes, para solicitar información sobre determinadas obras que se están a realizar na parroquia de Silva, no Concello de Pol, xa que alomenos asfaltaronse 4.000 metros cadrados e outros 1.600 foron acondicionados con zahorra.
O Partido Popular desexa coñecer a que obra pertenecen tales actuacións e se se están a facer en terreos propiedade da Deputación ou de particulares. Se se trata de este segundo caso, pide que a Presidencia aclare en base a qué procedementos se cederon á Deputación.
O Voceiro adxunto do PP na Deputacion, José María González Barcia, considera que as fincas nas que se traballou son privadas, polo que a Deputación debería de absterse de actuar nas mesmas.
Barcia indicou que teñen detectados máis casos no resto da provincia de actuacións semellantes: “uso indiscriminado da maquinaria provincial para fines partidistas e totalmente caprichosos dirixidos desde o Fogar de Santa María, sede da Deputación paralela que tén montada o Sr. Martínez Núñez”.
José María González considera que Martínez Núñez fai “o que lle peta” e exerce de auténtico presidente da Deputación, xa que “é o que controla o plato forte do presuposto provincial”.
O voceiro do PP provincial indicou que en pouco tempo coñeceranse outras accións similares a esta, co que estamos entrando xa de cheo en dúas das “ces” tan apreciadas polo Sr. Martínez, ou sexa, accións “caciquís e clientelares”. “Xa se ve que lles tén certo apego, que as aplica tan pronto como pode”, engadiu.
O PP estima que o Sr. Besteiro debe poñer coto a este asunto canto antes. E debe facelo, según Barcia, “porque no próximo orzamento os platos fortes serán para o BNG e para Martínez, outro chisco para Gato, e a pregunta é, de cantos cartos disporá Besteiro realmente?”.