Partido Popular de Lugo

3.000 MILITANTES DO PP DE LUGO PARTICIPARÁN MAÑA EN SANTIAGO NA CONVENCIÓN REXIONAL DO PARTIDO

A delegación lucense estará encabezada polo Presidente provincial, José Manuel Barreiro, e o cabeza de lista ó Congreso, Joaquín García, quen intervirá no acto. Os afiliados desplazaranse, ademais de en vehículos particulares, en 40 autobuses procedentes de todos os rincóns da provincia.

Así, na Mariña fletaranse unha decena de autobuses, que sairán de Barreiros-Trabada-Lourenzá, Cervo, Xove, Viveiro, Burela-Foz, Vicedo, Ourol e Alfoz-O Valadouro. Da zona centro da provincia unha veintena que partirán de Sarria, Vilalba, Lugo, Palas de Rei, Friol, Outeiro de Rei, Guntín, Monterroso, Cospeito e Paradela. Outros dez autobuses sumaranse dende a zona sur procedentes de Carballedo-Chantada, Bóveda-Sobre-Pantón, Monterroso, O Courel, Monforte, O Saviñao e O Incio.