O Presidente Provincial do Partido Popular, acusou aos dirixentes socialistas de utilizar actos institucionais para pronunciar “panfletos propagandísticos das promesas que non conseguen facer”.
Barreiro destacou que o discurso de onte de Touriño, no acto do trixésimo aniversario da CEL, tiña “a marca de identidade do PSOE”. A xuizo de José Manuel Barreiro é unha falta de respecto e un insulto para todos os lucenses e para todos os galegos que o Presidente da Xunta veña a Lugo, en un acto institucional, e faga “un mitin en toda regla no máis puro estilo socialista: todo canto din non é verdade”
Para o Presidente Provincial esta actitude non é casual senon que é algo sistemático que se repite en todos os actos institucionais “ao máis alto nivel de e de forma reiterada, e continua”.
Esta situación “está chegando a límites que non son fáciles de aturar”, puntualizou Barreiro quen animou aos lucenses a revelarse contra os políticos que faltan á verdade e “que se negan a explicar os motivos polos que non fixeron as cousas que eles mesmos comprometeron”. “Esta cidade ten que reaccionar” puntualizou.
José Manuel Barreiro insistiu en que José Blanco terá que explicar porqué non cumpriu coa palabra dada “si hai tanto interese no AVE ¿ por qué a comisión creada no concello non se reune dende o 17 de decembro 2003?. Barreiro tamén lle pediu explicacións polos 3.000 postos de traballo directos que o Secretario de Organización prometeu ligados ao CETAL …
O Presidente Provincial concluiu a súa exposición conminando a José Blanco a que cite en materia de infraestructuras ¿qué promesa cumpriu?.