O Partido Popular celebrou onte sendas asambleas xerais nos concellos de Rábade e Castro de Rei para proceder á renovación das xuntas locais. María Luisa Macía Martínez e Arturo Pereiro Vilariño foron elexidos por unanimidade como presidentes das respectivas executivas.
José Manuel Barreiro, Presidente Provincial do PP, que estivo acompañado do Secretario Xeral do partido, José Manuel Balseiro, respaldou coa súa presencia sendas eleccións, e aninou as novas xuntas locais a traballar “a pé de rúa e casa por casa, para transmitir a todos os veciños o proxecto do Partido Popular” .
María Luisa Macía indicou que a nova executiva “é de renovación pero tamén de continuidade, xa que nela combínanse a experiencia coas novas incorporacións, dado que hai representación de moitas idades”. Nela conflúen, ademais, dous aspectos que considera fundamentais para o desenvolvemento desta nova andaina: “un bo ambiente persoal e tamén de traballo”.
Todo elo, segundo dixo, co principal obxectivo de recuperar nas vindeiras eleccións municipais a Alcaldía para o Partido Popular.
A executiva do PP de Rábade está composta, ademais de por María Luisa Macía, por José Manuel Barrera, José Luis Fernández, Patricia Novo, Carlos Ramón González, Marcelino Manuel Fraíz, Manuel Rubinos, Eva Cabado, José Angel Vila, Manuel Díaz e José Luis Novo.
CASTRO DE REI.-
No que respecta a Castro de Rei, Arturo Pereiro salientou que a nova executiva está integrada por un grupo de persoas, entre as que se inclúen algúns dos concelleiros do grupo municipal, representativas de todo o municipio, “son un equipo con veciños de variadas xeracións e profesións, con ideas e que queren o maior grao de benestar para o municipio”.
O seu principal obxetivo será organizar o partido porque, ó entender de Arturo Pereiro, contar cunha boa estructura é fundamental “para que as cousas funcionen”. Pereiro Vilariño abogou porque a partir de agora “todas as decisións que se adopten, dende a elección de candidato para as municipais ata calquera liña de actuación, sexan consensuadas e de grupo”, e mostrouse partidario de rexeitar os personalismos.
Adiantou tamén o novo presidente que, aínda que o PP de Castro de Rei ten un número importante de afiliados (ó redor de 300), desenvolverán durante os vindeiros meses unha intensa campaña de captación de novos simpatizantes.
Acompañan a Arturo Pereiro na executiva Jesús Freire, Angel Díaz, Manuel Fernández, José Luis García, Victoria Eugenia Lamela, Francisco Javier Balado, Marisol Gigán, María Isabel Vázquez, Juan Manuel García, José Luis Peña, Juan Pita, Antonio Iglesias, José Abelaira, José Méndez, Hermelino Fernández, Rubén Otero e Rubén Iravedra.