Partido Popular de Lugo

NO II FORO DE IGUALDADE ORGANIZADO POR NOVAS XERACIÓNS DE LUGO SE ANALIZOU A SITUACIÓN DO MERCADO LABORAL

O Presidente Provincial do Partido Popular e o cabeza de lista ao Congreso participaron esta mañá, no II Foro aberto que organiza Novas Xeracións de Lugo.

 

Na inauguración deste encontro informal, cunha vintena de mozos e mozas lucenses, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez explicaron que o Partido Popular defenderá, con medidas específicas, o acceso a un emprego de calidade para a xente moza: “traballaremos para que haxa postos de traballo para todos, e para que sexan dignos. Queremos que se deixe de falar dos mileuristas”.

José Manuel Barreiro lamentou que moitos xóvenes lucenses se viran forzados a marchar da provincia por falta de oportunidades “nunca emigraron tantos mozos da provincia a outras comunidades ou a outras provincias”. EN 2006 DEIXARON LUGO 1.310 XOVENES QUE MARCHARON A OUTRAS COMUNIDADES E 944 QUE SE FORON A OUTRAS PROVINCIAS

O Presidente Provincial lamenta que “nada do prometido se fixera” en alusión a proxectos espectaculares para o emprego da provincia anunciados hai catro anos polo PSOE: “¿Onde están os 15.000 postos de traballo, 3000 directos e 12.000 indirectos que ía supoñer o CETAL ou os máis dun cento do Centro de Reciclaxe de Rozas?, non hai nada, todo foi un engano” puntualizou.

 

Mentres o cabeza de lista do Congreso, Joaquín García Díez, pediu aos xóvenes colaboración nas próximas eleccións xerais “que nos botedes unha man coa enerxía e o entusiasmo que os caracteriza. A conquista do voso futuro e do de todos tamén depende do voso compromiso, disposición e valentía”.

As relatoras invitadas a este II Foro da mocidade que tivo lugar este mediodía na sala de Xuntas da Facultade de Empresariais de Lugo, foron as deputadas autonómicas e expertas en temas relacionados co emprego xuvenil, Susana López Abella, e Beatriz Mato. Baixo o título Emprego Xuvenil ¿Misión imposible? abordaron a situación real do mercado laboral. Ao remata da súa exposición abriuse un turno de preguntas.