O Presidente Provincial do Partido Popular participou onte nas asambleas xerais celebradas en Cospeito e Baleira para elexir as novas executivas locais dentro do intenso proceso de renovación que está a desenvolver a formación política en toda a provincia.
Así, José Manuel Barreiro, que estivo acompañado polo Secretario Xeral dos populares lucense, José Manuel Balseiro, mostrou a súa satisfacción pola elección de Armando Castosa e Francisco Acal, quenes tamén ostentan a Alcaldía nos seus respectivos concellos, Cospeito e Baleira, e animounos a seguir traballadando coma ata agora e a facer un esforzo extra de cara ás vindeiras eleccións xerais.
EXECUTIVA DE COSPEITO.-
Unha das características desta de executiva local de Cospeito é a xuventude dos seus integrantes e que a súa composición “representativa do municipio”. Acompañan a Castosa Alvariño, María José Paredes, Fernando Carballeira, Natividad Míguelez, Gonzalo Rodríguez, Rocío García, Daniel Paz, Ana Iglesias, José Veiga, Fernando Carreiras, José María Varela, José Luis Pardiño e José Angel Teijeiro.
Durante o acto de presentación Armando Castosa puxo de manifesto “que se trata dun grupo de persoas, comprometidas co proxecto popular, con ilusión e con gañas de facer partido”. Como obxectivo inmediato se marca “estar en sintonía coa xente de Cospeito e fortalecer o partido”.
A receta para conquerir estas dúas metas está no traballo de campo, e na proximidade cos problemas que preocupan aos seus veciños.
EXECUTIVA DE BALEIRA.-
No que respecta á xunta local de Baleira, elexida na asamblea xeral celebrada hora e media más tarde, o elexido para presidila foi, o tamén alcalde da localidade, Francisco Acal Eiros, quen encabezaba a única lista presentada e repite no cargo.
Está acompañado na executiva por José Manuel Riveiro; Encarnación Valiño, Fina Brañas, José Manuel Díaz; Angel Pin; Manuel Fernández; Ignacio Graña; Carlos Alvarez; José María Arias e Carlos Díaz.