O Grupo Provincial do PP fixo hoxe públicas as ausencias dos membros da Xunta de Goberno provincial dende a toma de posesión do Sr. Besteiro ata a derradeira sesión do ano 2007, celebrada o pasado 28 de decembro.
O GPPP calificou de “escandaloso” que só un deputado asistise a todas as xuntas de goberno e que dos oito restantes, todos faltaran algunha vez.
Os populares recalcaron neste contexto que “hai ausencias moi significativas”. Así, a deputada que ostenta o récord é a vicepresidenta terceira, María José Vega Buján, que faltou a 12 sesións, ou sexa, todas as celebradas durante os meses de outubro, novembro e decembro.
O voceiro adxunto do Grupo Provincial Popular, José María González Barcia, comprende que Vega Buján “ten moito traballo en Monforte”, pero lembra que cobra 60.000 euros anuais dos orzamentos da administración provincial.
González Barcia considera que este non é “o exemplo que debería dar unha persoa que ten tanta responsabilidade na Deputación” e entende que “Besteiro debería cesala como vicepresidenta”, aínda que a renglón seguido matiza que “non pode facelo, xa non só porque Vega sexa do BNG e, polo tanto, non lle renda contas, senón porque o director do cole tamén falta e nada menos que nove veces e pillou, ademais, as mellores pontes: a de Santos, a da Constitución, a do día antes da lotería e a de fin de ano”.
Outros “alumnos que tamén lataron moito” foron Lara Méndez, Regina Polín e Melchor Roel: catro faltas de asistencia computaron cada un desde a constitución da Xunta de Goberno.
“Competindo con eles, e tan só cunha falta menos, é decir, con tres no seu haber, aparece Manuel Martínez. Máis aplicados son Bao e Sotuela, que só faltaron unha vez”, engade Barcia.
O voceiro adxunto do GPPP da outro dato: “a primeira Xunta de Goberno con algunha ausencia prodúcese o día 21 de setembro, e a partires de aí, non houbo ningunha máis na que participaran todos os seus membros”.
González Barcia pon exemplos: “na derradeira sesión do ano só catro dos nove membros estiveron presentes; a ponte da Constitución tamén foi mala, xa que na sesión do 7 de decembro so asistiron cinco; con tres ausencias hai varias sesións, entre elas a da ponte de Santos e a véspera do día da lotería”.
Para González Barcia, estes datos “deixan en entredito a capacidade de traballo e a adicación destes personaxes á vida pública provincial, porque demostran que usan a institución como un coto de promoción particular”. Lembra ademais que moitos deles cobran dedicación exclusiva, entre outra cousas por acudir ás xuntas de goberno.
“Podemos chegar a comprender que un día se falte por cuestións xustificadas, pero o que debe facer o Sr. Besteiro é deixar de mirar para outro lado e exercer como presidente, primeiro, e logo, pedir responsabilidades, porque todo esto é moi grave. Están enganando a todos os cidadáns da provincia de Lugo, que non se merecen un bigoberno provincial que racanea no traballo e, por riba, auséntase das súas responsabilidades”.
CALENDARIO DE AUSENCIAS DE DEPUTADOS PROVINCIAIS ÁS SESIÓNS DA XUNTA DE GOBERNO dende o 14-XULLO-2007 ATA o 31-12–07
Data Nº ausencias Sras./Sres. Deputadas/os ausentes
– 21-09-07 1 Sra. Polín.
-28-09-07 1 Sr. Besteiro.
-08-10-07 3 Sras. Méndez e Vega e Sr. Besteiro.
-19-10-07 3 Sra. Vega e Sres. Besteiro e Martínez.
-26-10-07 1 Sra. Vega.
-02-11-07 3 Sra. Vega e Sres. Besteiro e Roel.
(Ponte de Santos)
-09-11-07 4 Sra. Vega e Sres. Besteiro, Bao e Sotuela
-16-11-07 3 Sras. Vega e Polín e Sr. Roel.
-23-11-07 4 Sras. Méndez, Vega e Polín, e Sr. Besteiro
-30-11-07 1 Sra. Vega.
-07-12-07 4 Sra. Vega, e Sres. Besteiro, Martínez e Roel
(Ponte Constitución)
-14-12-07 2 Sras. Méndez e Vega.
-21-12-07 3 Sras. Vega e Polín e Sr. Besteiro
(fin de semana previo ó Nadal)
-28-12-07 5 Sras. Méndez e Vega e Sres. Besteiro,
Martínez e Roel.
(fin de semana previo ó Noite Vella; según presidencia, foi unha comisión moi densa, con 70 puntos na orde do día….)
ANO 2008
-05-01-08…………………….. non se celebrou por falta de asuntos (víspera de Reis)
-12-01-08…………………….. sigue faltando a Sra. Vega Buján