Partido Popular de Lugo

A ASOCIACIÓN DE MULLERES EN IGUALDADE DE LUGO PRESENTARASE PÚBLICAMENTE ESTA TARDE

A Asociación de Mulleres en Igualdade que se presenta esta tarde no Gran Hotel de Lugo nun acto ó que asistirá a Presidenta do colectivo na provincia de Lugo, Raquel Arias Rodríguez, e o Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, é unha organización non gubernamental de interese social, sen ánimo de lucro, que ten como principal obxectivo a defensa das liberdades, os dereitos e os intereses das mulleres en todos os ámbitos -social, cultural, laboral, familiar e político-, con especial atención á defensa dos dereitos e liberdades das mulleres novas, así como a súa integración na sociedade en igualdade de condicións, e o fomento da participación destas en todos os sectores da vida pública.

 

Un obxectivo que se complementará coa denuncia expresa de toda discriminación -laboral, social, educativa- cara á muller polo feito de selo; de todas as Leis, disposicións legais ou actos administrativos que non cumpran co principio de igualdade consagrado na Constitución Española e de toda campaña informativa ou publicitaria que atente contra a dignidade da muller.

Centrará a súa actividade ademais na defensa e apoio ás mulleres víctimas de violencia de xénero e ós fillos se os houbese; dos dereitos e intereses de consumidoras e usuarias , incluíndo a súa información e formación; na elaboración e participación en programas de cooperación e desenvolvemento nacional e internacional, destinados principalmente a mulleres e no apoio á integración laboral e social de mulleres inmigrantes.

Nos obxectivos desta asociación tamén incluirán a defensa das reivindicacións e propostas sobre a igualdade de oportunidades para as mulleres; axudar á muller na súa inserción no mercado laboral, en especial ás máis novas, e a todas aquelas mulleres que pola súa idade ou calquera outra circunstancia atópanse con especiais dificultades para o acceso ao emprego, así como a coordinación con asociacións e entidades análogas, ó obxecto de asegura a maior eficacia no cumprimento dos seus fins.

EIXOS DE TRABALLO.-

En base a este obxectivos, os eixos de traballo serán a promoción da participación da muller na sociedade, con especial incidencia en temas de carácter educativo, cultural, medio ambiental, asistencial e, en xeral, naqueles campos nos que debe ter unha participación máis activa e relevante; o fomento da participación da muller en todos os niveis de ensino non obrigatorio, por entender que a formación é clave para evitar desigualdades, así como no ámbito empresarial, facilitando o asesoramento e información necesarios na súa iniciación e integración no mesmo.

 

Desenvolver programas de formación e información que contribúan a crear unha corrente de opinión favorable cara á presenza cada vez maior da muller na vida pública; defender ás consumidoras e usuarias contra os riscos que poidan afectar á súa saúde ou seguridade, así como os seus lexítimos intereses económicos e sociais, en particular fronte á inclusión de cláusulas abusivas nos contratos, a indemnización ou reparación dos danos e prexuízos sufridos; e facilitar ás consumidoras o asesoramento xurídico necesario en caso de denuncia serán outras das funcións que desenvolverá.

A elas hai que engadir tamén a procura da presenza e participación de Mulleres en Igualdade no desenvolvemento económico de países de escaso crecemento a través de programas de cooperación internacional, así como participar nos estudos e programas de integración de inmigrantes en España; a colaboración activa en programas de formación e educativos dirixidos a aqueles colectivos en risco de exclusión social; nos consellos de muller e en comisións tanto de carácter público como privado de ámbito local, autonómico e nacional cuxo obxectivo sexa a defensa da igualdade real e efectiva de homes e mulleres e organizar actividades e elaborar documentos en relación cos fins e obxectivos da organización.