Partido Popular de Lugo

O GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOLICITA FEITOS E NON PREVISIÓNS SOBRE O TRASPASO DOS HOSPITAIS

O Grupo Provincial Popular solicita do bigoberno “traballo e non previsións” porque no asunto das transferencias dos hospitais o responsable de Persoal puxo de manifesto coas súas explicacións que “non ten feito os deberes cos empleados dos dous centros, aínda que alertamos ós sindicatos que non hai peor cuña que a da mesma madeira”.

 No tocante á finca do hospital San José, segundo indicou o voceiro adxunto José María González Barcia, “trainos sen cuidado que Roel sexa comunista, pero a calificación urbanística do solar non é nin comunal nin comunista senón que é suelo dotacional comunitario, así que, antes de falar, que mire o que di, e non faga xogos de palabras estúpidos”.

 “A endebleza argumental empregada por Roel”, engadiu González Barcia,  “confírmanos a idea que tiñamos ata agora da capacidade de xestión do bigoberno da Deputación: ningunha”.

O voceiro adxunto do Grupo Provincial Popular insistiu en demandar a mesma información solicitada onte en rolda de prensa e que se concretará próximamente nunha iniciativa que se levará ó pleno da Deputación, consistente en que se fixen datas de cumplimento dos compromisos acadados no que atinxe ó traspaso dos hospitais San José e San Rafael ó Sergas, é dicir, que se “concreten feitos”.