Os oito deputados por Lugo do Grupo Parlamentario Popular desenvolveron en Santiago unha intensa labor durante o pasado ano. Presentaron, de feito, preto dun millar de iniciativas específicas para esta provincia, todas elas encamiñadas a acadar para Lugo un maior grao de compromiso e apoio do Goberno da Xunta. Esta mañá, acompañados do Presidente Provincial do Partido, José Manuel Barreiro, fixeron en rolda de prensa balanzo do traballo desenvolvido.
Máis do 68 por cento das propostas plantexadas polos populares lucenses foron preguntas (46,30% por escrito e preto do 22% para ser respostadas en comisión ou en pleno) sobre cuestión que consideraban de gran relevancia para os intereses de Lugo e que non estaba levando a cabo a Xunta ou, de estalo facelo, de xeito inapropiado ou limitado.
As proposicións non de Lei presentadas polo PP supuxeron o 16% das iniciativas presentadas e preto do 6%, as interpelacións.
É de salientar o respaldo unánime acadado pola proposta do PP sobre a creación dun xulgado específico sobre a violencia de xénero na capital provincial, que se ampliará tamén ás cidades de Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela e Pontevedra, así como para mellorar a accesibilidade para as persoas con minusvalías físicas nas estancións de ferrocarril e autobusees de Lugo ou para a apertura da UCI no hospital comarcal de Monforte.
É igualmente salientable, pero polo lado negativo, o rexeitamente de socialistas e nacionalistas a replantearse a concepción do plan reequilibrio territorial, que non cumple ningún dos obxectivos para os que inicialmente se diseñou, é dicir, compensar, cunha política de discriminación positiva, aquelas zonas que polas súas peculiaridades, ben sexan económicas ou xeográficas, padecen una situación desfavorable. Neste contexto, aínda que a crítica pode ser aplicable a toda a provincia, resultan sangrantes os casos das comarcas da Montaña, a Ulloa ou Chantada, polo que o PP non dúbida en calificar o citado plan coma unha “tomadura de pelo”.
A falta de apoio de socialistas e nacionalistas ás propostas dos populares sobre autovías, dotación de banda ancha no medio rural ou de respaldo ó sector primario foron tamén motivo de crítica.
NORTE DA PROVINCIA.-
Por zonas, o Grupo Popular no Parlamento Galego destaca a batería de iniciativas presentadas para protexer ou tentar compensar a crise que está a sufrir o sector pesqueiro, básico para economía de toda A Mariña e determinante no PIB de toda a provincia. O bipartito, en opinión do PP, esqueceuse completamente do sector no desenvolvemento da súa política.
No que respecta á Montaña destacan as Proposicións Non de Lei tendentes a dotar de residencias para a terceira idade ós municipios de Becerreá e A Fonsagrada, así como residencias con centro de día nos de Ribeira de Piquín, Cervantes e Navia de Suarna e un polígono industrial en A Fonsagrada.
O Grupo Popular presentou asimesmo sendas PNLs para o polígono industrial de Becerreá e para que se habilite como albergue e camping un edificio das forzas armadas, que actualmente está en desuso, en Pedradita. PSOE e BNG non respaldaron ningunha destas propostas.
ZONA CENTRO.-
No que atinxe á zona centro da provincia, na comarca de Lugo é de salientar a interpelación sobre o proxecto de construcción do futuro auditorio, que en varias ocasións foi rexeitada a súa tramitación co argumento de que non era de interés xeral. O PP, que mantén a relevancia que presenta o asunto, dado que afecta a un ben declarado Patrimonio da Humanidade, e insiste en calificar como chocante, cando menos, a postura inflexible da Consellería de Cultura para con este proxecto mentres que paradóxicamente é excesivamente permisiva con outras intervencións feitas na muralla, decidiu pedir amparo ó Tribunal Constitucional.
Ó entender dos populares tamén é de salientar a PNL coa que tentaron que o solar de Fingoi, propiedade da Xunta, se adicara exclusivamente a usos dotacionais e quedase descartada a pretensión do bipartito de construir alí vivendas sociais. O Grupo Parlamentario Popular tamén adiantou que voltará a insistir tra-la reanudación da actividade no Parlamento galego sobre o vertedoiro de San Cibrao.
Neste senso, os deputados do PP anunciaron que farán un seguemento do compromiso acadado no seu día polo Director Xeral de Urbanismo de que abriría un expediente para regularizar a situación, así como das actuacións da Consellería de Medio Ambiente que naquel intre desentendeouse do problema.
Outras “negativas” do bipartito destacadas polo PP nesta comarca fan referencia, por exemplo, á construcción dun centro sociocultural en Castroverde.
Na Ulloa, os populares lembran o rexeitamento de tres iniciativas presentadas para instar a administración autonómica a cumplir comprimisos electorais acadados polo PSOE referidos á creación de 200 postos de traballo no municipio de Palas de Rei, á compra do castelo de Pambre para a súa posterior reconversión en Parador Nacional de Turismo e á creació dun centro integral para maiores na comarca.
ZONA SUR.-
No que atinxe ó sur de Lugo, na comarca de Chantada, ademáis da PNL sobre o polígono industrial de Chantada ou as “pobres escusas” sobre a revocación de instalar un parque eólico singular nesta zona, cabe destacar tamén o agrabio comparativo que supón negar que as autopsias poidan realizarse no hospital comarcal de Monforte ou o feito de que o bipartito se negara a incrementar o racano orzamento que ten previsto adicar este ano ó porto seco da cidade do Cabe.