Partido Popular de Lugo

JULIO YEBRA-PIMENTEL FOI ELEXIDO PRESIDENTE DO COMITÉ LOCAL DO PARTIDO POPULAR DE CARBALLEDO

Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco foi elexido onte por unanimidade Presidente da executiva local do Partido Popular de Carballedo. Foi no transcurso dunha asamblea xeral convocada para tal fin a última hora de onte e na que estiveron presentes, entre outros, o Presidente Provincial do partido, José Manuel Barreiro, e a deputada autonómica Susana López.

Yebra-Pimentel, quen tamén ocupa a alcaldía, indicou que a súa candidatura “é unha representación de toda a militancia do Partido Popular” e dado que, a excepción de el mesmo, ningún dos integrantes forma parte do equipo de goberno, agarda que “participen activamente na política municipal, aportando ideas e colaborando en todo o que sexa necesario para mellorar a calidade de vida dos veciños de Carballedo”.

Outros dos obxectivos que, segundo o novo presidente, centrará a actividade que desenvolverá o novo comité local a corto e medio plazo será, ademáis de facer unha campaña de afiliación que permita incrementar o centenar de persoas co que xa se conta nestes intres, impulsar e dinamizar a vida e actividade do partido.

José Manuel Barreiro, pola súa banda, ensalzou a importancia que ten o proceso de renovación que está a levar a cabo o Partido Popular en toda a provincia. Un proceso que, insistiu, trata sempre de sumar e nunca de excluir a ninguén, e permitirá, segundo vaticinou, que a formación salia reforzada e logre aglutinar a ainda máis xente.

O Presidente Provincial do PP tamén alentou ós asistentes a involucranse na vindeira campaña electoral para que “co esforzo de todos o 9 de marzo teñamos un presidente galego en Madrid”.

Acompañan a Julio Yebra-Pimentel na executiva Alvaro Doval, Rosa María Crespo, José González, José Antonio González, David Expósito, Manuel Delgado, Marsal González, José López, Manuel Pereira, Santeiro Tumbeiro e José Ucha.