Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR ASEGURA QUE O PROCESO DE TRASPASO DOS HOSPTAIS SAN RAFAEL E SAN JOSE ESTÁ PARALIZADO

O Grupo Provincial do Partido Popular asegura que o proceso de transferencia dos hospitais dependentes da Deputación Provincial ó Servicio Galego de Saúde está totalmente paralizado. As razóns, segundo o PP, son a falla dunha planificación rigurosa do proceso de transferencia e moita celeridade para solucionar un asunto que ten a súa complexidade e unha conseguinte improvisación.

Os populares consideran, ademais, que se pretende facer uso do mesmo cun clara intención de deslexitimar a etapa pasada e, por suposto, usalo, de paso, para que o Presidente Besteiro acade con el algunha rendabilidade persoal.

O voceiro adxunto do Grupo Provincial, José María González Barcia, fixo un resume da historia deste asunto nos últimos seis meses, que comenza xa no propio discurso de investidura do presidente.

 

O bigoberno da Deputación anunciou a bombo e platillo que “canto antes” ía proceder a transferir os hospitais de San José e San Rafael ó Sergas. O presidente da Deputación comenzou o proceso a principios de setembro do pasado ano cunha reunión co Presidente Touriño para abordar este asunto, ás que seguiron algunha máis coa Conselleira de Sanidade.

Nese intre, deberían terse constituido e posto en funcionamento unha mesa política e unha mesa técnica para proceder a elaborar un calendario de negociacións, marcar obxectivos e temporalizar os mesmos. Paralelamente, debería poñerse en marcha a negociación cos traballadores, pero esto non aconteceu así.

Un mes despois, foi a creación dunha comisión mixta para estudar a valoración dos postos de traballo segundo a proposta realizada polo propio equipo de goberno. O optimismo do bipartito sobre esta cuestión era tal que Antonio Gato chegou a anunciar que no pleno do pasado mes de outubro podería tratarse xa este asunto.

Pois ben, cando teñen pasado seis meses desde a investidura de Besteiro, o bigoberno non ten nada que decir sobre este asunto, porque dende aquela nunca máis se soupo sobre do mesmo. En boa medida por que a relación e valoración de postos de traballo que se presentara ós sindicatos foi rexeitada de plano por éstes, de xeito unánime ademais, porque podería haber reduccións salariais sustanciais para moitos dos traballadores afectados. Neste intre estase a espera da redacción dunha nova valoración.

FUTURO DOS EDIFICIOS.-

Pero recoñecendo a enorme importancia das cuestións referidas ó persoal, o problema non é só este. Para González Barcia, o bigoberno debe clarexar cal vai ser o futuro dos dous edificios e dos dous solares sobre dos que se asentan, sobre de todo o solar do Hospital San José, que está prácticamente no centro de Lugo.

É un solar de aproximadamente 20.000 metros cadrados que no documento aprobado inicialmente no PXOM de Lugo aparece como suelo dotacional de carácter comunitario. Pero a ninguén se lle escapa que, debidamente recalificado, supón unha cuantía enormemente importante, patrimonio de todos os cidadáns da provincia de Lugo.

Ademais, González Barcia opina que o bigoberno debe especificar que é o que se vai transferir e que se vai recibir a cambio, porque non hai que esquecer que estamos a falar de patrimonio propiedade de toda a provincia. “Se se quere facer política partidista con esta cuestión, mal vamos. Supoñemos que non se pretenderá facer un favor a ninguén, porque non sería admisible que o patrimonio provincial mermase”, engade.

González Barcia indicou tamén que sobre este asunto hai unha cerrazón informativa absoluta. Lembrou que este tema pasou de ser un asunto estrela para o bigoberno, a caer no máis absoluto dos esquecementos. Neste senso, instou ó bigoberno a ter informados ós grupos políticos e a levar a cabo o proceso de transferencia sen presas, sopesando moi ben pros e contras de todas as posibilidades, precisamente por estar implicado persoal da Deputación e por afectar ó patrimonio provincial.

González Barcia asegurou que si é condición “sine qua non” para realizar o proceso de transferencias que a transpaso dos traballadores se faga sen lesionar os intereses de ningún deles e con plenas garantías, tampouco é asunto menor buscar, e acadar, o maior beneficio para os intereses do conxunto dos cidadáns da provincia.