Partido Popular de Lugo

O PP coida que a Xunta de Goberno da Deputación comenza o ano “relaxada e con poucas ideas”

Unha prórroga para rematar obras de mantemento de vías provincias no Courel; a aprobación dun expediente de contratación de renovación de afirmado dunha estrada da Deputación de un kilómetro por sesenta mil euros; seis plans de seguridade, e a aprobación dun expediente de expropiación. Este é o balance da primeira Xunta de Goberno do ano da Deputación, Xunta de Goberno que segundo o PP comenza o ano totalmente “relaxada e con poucas ideas, polo que se ve, porque hasta as roldas de prensa posteriores comenzan a dar mui pouquiño de si, a non ser para volver a anunciar a calefacción no Pazo dos Deportes, que debe ser a terceira vez que o din e ainda non o fixeron; e aí vai o traballo da Xunta de Goberno do venres”.

Para o portavoz do Grupo Provincial, José María González Barcia, todos estes puntos, catro en total, son de trámite; polo tanto, agora ainda se entenden menos os argumentos esgrimidos por Besteiro para xustificar a non celebración da Xunta de Goberno da pasada semana. Porque, para Barcia, tamén puideron deixar todos estes temas para a sesion seguinte, e así podíamos aforrar algúns cartiños, porque mover papeis custa cartos, e celebrar Xunta de Goberno tamén. Por eso, González Barcia lamenta a falla de capacidade do bigoberno de dotar de contido a un órgano que é vital para o funcionamento da Deputación. Barcia indica que resulta evidente que hai ausencia de traballo e de compromiso coa provincia; para o popular, o único que prentenden é estar aí por intereses persoais, e para de contar, porque mesmo nin o BNG inclúe ningún asunto na Xunta de Goberno; nós pensabamos que os do Bloque eran algo máis traballadores, ainda que solo fose para desmantelar a Deputación, pero estannos decepcionando.

Barcia finalizou manifestando que a partires de agora é millor que faigan as xuntas de goberno cada quince días; así terán algo máis de traballo, ainda que todo de golpe, e aforraremos cartos, para que Martínez poida comprar máis sal para as vías provinciais, que incluso estiveron algo “sosas” durante as pasadas xeadas.