Partido Popular de Lugo

O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR SOLICITA A DEPUTACIÓN PERMANENTE PORQUE A SITUACIÓN POLÍTICA DE GALICIA E COMO A SITUACIÓN CLIMATOLÓXICA “DE TEMPORAL”

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe, trala reunión do Grupo Parlamentario Popular, que os seu grupo vai solicitar a Deputación Permanente porque a situación política de Galicia e como a situación climatolóxica “de temporal” e consideran que “o goberno máis estable” e o de maior desgaste da democracia.

 O PPdeG solicita a comparecencia do Presidente da Xunta, para informar sobre a crecente crise interna entre os distintos departamentos do goberno galego e para dar conta do grave deterioro nas relacións institucionais entre a Xunta e o Goberno Central, así como a do conselleiro de Economía para informar sobre as medidas que o goberno galego vai levar a cabo para paliar os efectos da crise económica en Galicia.

 A urxencia ven motivada pola preocupación social que xeraron as últimas declaracións de distintos membros do goberno galego e do goberno central, que poden representar un grave deterioro das relacións institucionais entre Xunta e Goberno Central, e mesmo un deterioro das relacións dentro do propio goberno da Xunta, así como polos últimos datos económicos que se teñen coñecido que aumentan a incertidume e o pesimismo sobre a marcha da economía a medio e longo prazo e a necesidade de que canto antes o goberno galego explique as medidas que se están a levar a cabo nesta materia.

 
INCERTEZAS NA ECONOMÍA

Vimos de coñecer os últimos datos sobre a economía en España e en Galicia e estes non son nada alentadores, máis ben mostran un escenario cheo de incertezas para o conxunto da economía, o que fai preciso comezar a tomar medidas para paliar no posible os efectos negativos deste panorama.

Os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística veñen de constatar que o Índice de confianza do consumidor continua baixando, cun descenso de máis de 20 puntos, dende xullo de 2007. Ademais hai que ter presente que os datos da cesta da compra seguen a ser enormemente preocupantes para as economías familiares, sobre as que seguen a aumentar as cargas económicas, deste xeito unha familia galega como media tería que pagar 300€ mais ó mes polos mesmo gastos.

 
DESAUTORIZACIÓN DA CONSELLEIRA AO PRESIDENTE

O ultimo exemplo de desencontro Xunta-Goberno central foi o cruce de declaracións recollidas a raíz da inauguración da Biblioteca Pública en Santiago, entre o Ministro de Cultura e a Conselleira do ramo, que poñen de manifesto un grave enfrontamento entre os dous partidos que forman o goberno da Xunta, BNG e PSOE, e poden representar un grave problema de gobernabilidade para a nosa Comunidade.

 Neste enfrontamento ó máximo nivel, chegouse a producir unha clara desautorización do Presidente da Xunta, que convocou por carta á titular de Cultura, que non asistiu ós actos organizados.

 
DEPORTE PARA A INDEPENDENCIA

Nos pasados días a conselleira de Cultura subscribiu cos gobernos de Cataluña e Pais Vasco un documento sobre a política deportiva, a Declaración de San Mames.

 Un documento que transcende ao fomento da practica deportiva para converterse nunha declaración política sobre a que é necesario que o Presidente da Xunta se posicione, moito mais tendo en conta que poden existir dubidas de que este coñecese o contido exacto da Declaración antes da súa firma.

 
DOUS GOBERNOS QUE ATÁCANSE POLOS SEUS DEPUTADOS

Outro dos capítulos sobre o estado no que se atopan as relacións entre os dous grupos que apoian ó goberno foi o das reiteradas peticións por parte de destacados membros socialistas de que a Consellería de Vivenda apoiase mais decididamente o Plan de Vivenda Xoven do Ministerio. Sen dubida esto pode dar unha idea da vontade de colaboración e coordinación que existe entre ambas administracións.

 Os desencontros entre os dous grupos non quedaron neso, deste xeito incluso a presentación dun proxecto tan importante para a economía galega como a reforma do Imposto de sucesións e doazóns en Galicia se converteu en motivo de enfrontamento. Lonxe de presentarse esta reforma como un proxecto do goberno, este semella ser unha proposta dunha única parte do goberno, xa que como recoñeceu o propio BNG non coñecía o contido da proposta antes da súa presentación.