O voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, calificou hoxe ó Presidente da Deputación de “soberbio e arrogante” por terlle pedido ó alcalde de Barreiros que dera as grazas polo protocolo dos parques de bombeiros.
González Barcia considera que “mal comenza Besteiro con estas frases, que demostran o seu talante real, dado que, xa postos, debería ser el, como presidente, quen dera as grazas ó alcalde de Barreiros polos esforzos feitos para conseguir o parque de bombeiros da Mariña Oriental, porque o concello de Barreiros xa ten mercados os terreos que permitirán a construcción dos accesos”.
En opinión de Barcia, quen actuou con lealtade institucional foi Fuente Parga, que non ten que dar ningún tipo de explicación. En troques, considera que é Besteiro quen debe pedir perdón pola falla de educación, xa que a súa obriga é dar detalles sobre o protocolo e máis aínda se quen lle demanda esa información é un alcalde.
Polo tanto, segundo o voceiro adxunto do Grupo Provincial Popular, “a Besteiro tócalle calar. A non ser que teña algo que aclarar sobre o que o protocolo tiña que decir pero non di”.
Barcia considera que a acusación de Besteiro ó alcalde de Barreiros sobre a participación no paripé, é recoñecer que efectivamente o acto foi un paripé. “Ós alcaldes non os deixaron asistir á rolda de prensa, non fora o demo que algún preguntara cousas que non debía”, engade.
Finalmente, Barcia considera que esta forma de comportarse de Besteiro “é só a primeira mostra pública da súa prepotencia, de que o único que lle importa é autopromocionarse á conta de toda a provincia e pasando por riba dos alcaldes, que son os verdadeiros representantes dos cidadáns”.