José Antonio Ferreiro foi elexido por aclamación novo presidente do comité local do Partido Popular no municipio de O Corgo durante a asamblea xeral celebrada para tal fin a última hora da tarde de onte no centro sociocultural.
Ferreiro González, tamén rexidor municipal, salientou que a renovación levada a cabo persegue asegurar un relevo xeneracional no seo da formación política. “A entrada de savia nova ten que contribuir a que logremos achegarnos á xuventude”, asegurou. De feito, a media de idade dos seus integrantes non supera os 40 anos e forman parte dela, ademáis de varios concelleiros, “persoas moi válidas e comprometidas co partido”. “Asegurámonos deste xeito a estreita colaboración da executiva e do equipo de goberno”, explicou José Antonio Ferreiro.
O novo presidente dos populares de O Corgo indicou que os principais obxectivos que se marca nesta nova andaina pasan por incrementar o número de afiliados, manter e mellorar o resultados electorais acadados polo Partido Popular e achegar o máis posible á sociedade o proxecto na nosa formación”.
Pola súa banda, o Presidente Provincial, que acudiu á asamblea acompañado do Secretario Xeral José Manuel Balseiro, pediu á nova xunta local e a todos os militantes e simpatizantes o máximo grao de implicación e de traballo posible de cara á vindeira cita electoral, así como “compromiso” co proxecto político que representa o partido que, na súa opinión, representa a mellor opción para representar e loitar polo interse xeral.
José Manuel Barreiro tamén fixo referencia na súa alocución o “intenso” proceso de renovación que está a levar a cabo o PP, “sempre buscando a suma e nunca a resta”, e que, segundo dixo, está a servir para “afianzar a nosa mensaxe e a nosa estructura organizativa”.
A executiva do PP en O Corgo está integrada, ademais de por José Antonio Ferreiro, por Felipe Labrada, Javier Vila, José Luis Fernández, Mar Gómez, José Fontela, José Manuel Fernández, José Luis Fernández, María José Bellón, José Luis Ferreiro, Marta Arias, Julio Torrón, Manuel José López, Pedro Ferreiro e Antonio Rodríguez.