Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR RECIBIU HOXE A CONFIRMACIÓN DE QUE JOSÉ BLANCO ACEPTA DEBATIR CON JOSÉ MANUEL BARREIRO

O Partido Popular de Lugo recibiu hoxe  a confirmación de que o Secretario de Organización do PSOE, José Blanco, participará no debate que o Presidente Provincial Popular, José Manuel Barreiro, lle propuxo o pasado día 9 de outubro no transcurso dunha rolda de prensa para debatir o grao de execución dos compromisos  que o PSOE adquiriu con esta provincia durante a campaña electoral de 2004.

 Responsables do equipo de José Blanco puxéronse en contacto, esta mañá, vía telefónica, co gabinete de prensa do Partido Popular respostando deste xeito á carta persoal que lle remitiu, o pasado 28 de decembro, José Manuel Barreiro. Na conversa desta mañá, o PSOE notificou que aceptaba a proposta realizada por Telelugo para  manter este debate.

 Ainda que o formato que se oferta non responde ao plantexamento inicial que puxo sobre a mesa José Manuel Barreiro, anuncia que acudirá ao programa que está previsto para o vindeiro día 17 de xaneiro.

 O Partido Popular non renuncia, pese a elo, a celebrar un cara a cara nas condicións plantexadas inicialmente: aberto áo público e aos medios de comunicación interesados. Nese senso a Asociación da Prensa xa amosou no seu día a súa disposición a coordinar este debate, ao que o PP xa mostrou a súa disposición a participar o pasado 19 de decembro.