Partido Popular de Lugo

O PP VE NA ACEPTACIÓN DE OROZCO DO ACCESO POR MARCOS CELA UNHA PROBA DE QUE NON TEN FORZA PARA DEFENDER OS INTERESES DE LUGO

O Partido Popular ve na actitude do alcalde de Lugo, José López Orozco, de aceptar que un dos viais de acceso á futura ponte sobre o Miño pase a través do parque Marcos Cela, un claro incumplimento do acordo adoptado o pasado mes de decembro pola corporación municipal. Un acordo polo que o alcalde debía instar a Fomento a modificar o mencionado trazado xa que éste, ademais de contar co rechazo maioritario dos veciños afectados, perxudicaría notablemente á única zona verde da que dispón a zona de Acea de Olga.

 Esta situación, ó entender do Partido Popular, denota ó pouco peso que Orozco ten no seo do seu propio partido, xa que é incapaz de dar indicacións ós responsables do Ministerio de Fomento para que modifiquen a ubicación deste vial. “É unha proba máis”, engaden os populares, “de que non ten forza para defender os intereses de Lugo”.

 O PP lembra que este asunto xa fora tratado polos tres grupos que teñen respresentación no Concello e que, de feito, co apoio do PSOE, decidiuse suprimir do PXOM esa conexión da ponte por Marcos Cela.

 Neste contexto o Grupo Municipal Popular reitera o compromiso realizado no seu día de que si o PP lograr o Goberno de Madrid tras as elección do vindeiro mes de marzo, faranse as xestións oportunas para que se modifique o proxecto e, deste xeito, se elimine o vial que atravesa o parque Marcos Cela. Unha modificación que, según recalca, en nada perxudicaría ó resto do proxecto.