Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP afirma que a Xunta de Goberno da Deputación, en seis meses, non adxudicou ningunha obra financiada con fondos propios

O Grupo Provincial do PP considera que os argumentos que da o presidente da Deputación sobre a suspensión da primeira xunta de goberno do ano son “escusas de mal pagador”, que demostran xa non “o escaso traballo que se fai senon as poucas ganas que hai de traballar”. E ademais, a Deputación non se paraliza porque haxa cambios en Intervención, xa que alguén terá capacidade de sinatura e de elaboración de informes.

A apatía é tal que en algunha xunta de goberno chegaron a faltar varios membros. Sen ir máis lonxe, na sesión do vinteoito de Decembro, sendo  tan importante según o presidene, só contou con catro membros presentes dos nove que a forman; onde ían os cinco membros da xunta de goberno que non asistiron, entre eles o propio Besteiro?  De vacacións? Esas son as ganas de traballar que teñen estes señores.

NINGUNHA ADXUDICACIÓN DE OBRAS.

O portavoz adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, manifestou hoxe que a Xunta de Goberno da Deputación, nestes seis meses, non adxudicou ningunha obra que fose financiada pola Deputación con fondos propios. Para Barcia, esto demostra a pouca capacidade de traballo e o escaso interese que teñen estes señores pola provincia. Barcia lembra que na época anterior alomenos se movían as cousas e os papeis, se programaban obras, se encargaban proxectos, pero agora nin eso. En seis meses, zero con Z de Zapatero, nada.

Barcia tamén manifestou que tampouco se aprobou, e nin tan siquera se solicitou, ningún proxecto novo de obra financiada pola Deputación. E o peor, segundo o portavoz adxunto do PP provincial, é que esa parálise tamén se manifesta nos decretos do Presidente, que tampouco recollen estas cuestións.

RETRASOS EN OBRAS DE MANTEMENTO E CONSERVACIÓN.

González Barcia lembra que todas as adxudicacións que se levaron a cabo refírense ós programas anuais que a Deputación tén para mantemento e conservación da rede viaria provincial, que xa terían que estar adxudicados en moitos casos e que polo tanto chegan tarde, dado que estas obras hainas que realizar con meteoroloxía favorable.

Barcia manifestou igualmente que a confirmación da parálise da Deputación é que non se aproba ningunha certificación de obra que non pertenza ós plans POS ou POL, nin a través da Xunta de Goberno nin a través de decretos de presidencia.

Todas as obras das que se fala nas xuntas de goberno son obras dos plans provinciais, ou sexa, POS ou POL, que teñen unha tramitación definida e propia, e que contan con financiación externa.

SUBVENCIÓNS.

González Barcia tamén indicou que o noventa por cento dos asuntos que trata a Xunta de Goberno están referidos ás xustificacións de plans de comunidades veciñais de 2005 e 2006, e de concesión de subvencións: para inflar a orde do día, poñénnas unha por unha, e así aparecen corenta ou corenta e cinco puntos, pero que son despachados en vinte minutos, como pasou na Xunta de goberno do 28 de Decembro. Había presa, e por eso se rematou tan rapidiño.

Outro asunto que chama a atención é o número elevado de subvencións que se concederon na derradeira sesión do ano, moitas delas con importe superior ós tres mil euros; nestes casos, sen concurso previo, o que non deixa de ser contradictorio co que estes señores viñan manifestando.

DEPUTACIÓN DE PROCESIÓN.

Por último, Barcia lémbralle ó presidente que a Deputación é unha administración enormemente vital, que xenera asuntos de trámite día a día que hai que levalos á Xunta de Goberno, onde ademais hai que tratar os proxectos que se queren levar a cabo e son de competencia da indicada Xunta. Pero sería millor referirse a tal circunstancia en tempo pasado, porque agora, co bigoberno, a Deputación vai a paso de procesión.