Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR PÍDELLE AO BIGOBERNO DA DEPUTACIÓN MÁIS TRABALLO E MENOS LOITAS POR ACADAR PROTAGONISMO


O Grupo Provincial Popular fixo hoxe un balance negativo dos seis meses de xestión do bigoberno ó fronte da Deputación Provincial. O Voceiro do grupo, José Manuel Barreiro, acompañado do resto dos deputados, suliñou que o traballo dos responsables provinciais brila pola súa ausencia e proba delo é que os seis plenos celebrados polo organismo provincial (catro ordinarios e dous extraordinarios) non incluían prácticamente ningún asunto relevante por parte do equipo de goberno.

Barreiro salientou asimesmo que só o Grupo Popular presentou preguntas (sete) e mocións (oito), todas elas de gran transcendencia para o interese xeral da provincia e algunha das cales, de feito, recibiu o respaldo unánime de todos os grupos. Ó entender de Barreiro, as iniciativas presentadas polo Partido Popular centralizaron o debate dos plenos da Deputación o que demostra que de non ser así os plenos quedarían valeiros de contido.

A actuación do bigoberno limitouse a practicar unha política revisionista das últimas actuacións realizadas durante o anterior mandato, o que conlevou a paralización do funcionamento da Deputación, e a desenvolver unha campaña de imaxe na que só importa darlle protagonismo ó presidente, quedando relegado a un segundo plano o vicepresidente e socio de goberno, totalmente eclipsado pola política de xestos pero sin ningún contido do Sr. Besteiro.

Un dos temas máis polémico foi a paralización das obras da Deputación, que mesmo se abordou nun pleno extraordinario a petición do PP, e no que se tentou argumentar esa política revisionista alegando que non se dispoñía dos terreos precisos para acometer estas obras, que supoñían unha inversión de 40 millóns de euros. Despois de esta pobre argumentación, resultou que o Deputación contratou unha obra no Courel que non cumplía este requisito como xa deu conta delo o Partido Popular no seu día.

PLENOS SIN CONTIDO.-

José Manuel Barreiro fixo un percorrido polos ordes do día das sesións plenarias. O pleno extraordinario de agosto limitouse a fixar a distribución de competencias; no ordinario do mes de setembro máis do mesmo; no de outubro o tema estrela foi a modificación do cadro de persoal, que só serviu para xerar malestar entre os membros da plantilla; no de novembro déronlle un lavado de cara ó rescatado plan de cooperación e asistencia ós municipios; e no de decembro saiu adiante a constitución do consorcio do centro asociado da UNED, unha vella reivindicación de todas as institucións lucenses.

Éste, segundo Barreiro, é o traballo do bigoberno ó fronte da Deputación. “Non hai ningunha iniciativa novidosa nin relevante. Límitanse a retomar vellos temas e son incapaces de presentar alternativas”.

Pola contra o Partido Popular presentou mocións trascendentais e en positivo para a provincia. De feito en tres delas lograron o respaldo do propio equipo de goberno. É o caso da referida á creación da autoridade portuaria de Lugo e a apertura do dique norte do porto de Alcoa ó tráfico comercial. Unha decisión que terá gran trascendencia para a economía de toda a provincia e en especial para a das comarcas da Mariña.

 

O Partido Popular non renuncia tampouco a que Lugo sexa sede da nova Confederación Hidrográfica do Miño. Unha postura que nas directrices seguidas polo Partido Popular se mantivo no tempo, actitude que contrasta coa de outras formacións políticas que, á menor ocasión, abandonan a súa reivindicación como pago de favores pola concesión doutras infraestructuras ou cargos á medida.

A creación dun xulgado exclusivo sobre violencia de xénero en Lugo, así como a coordinación con outras institucións do apoio ás afectadas e a creación de centros de acollida e pisos para as víctimas e as persoas que están o seu cargo en todas as comarcas da provincia, constitúe un paso fundamental na loita contra esta lacra social.

PROTAGONISMO A TODA COSTA.-

Déronse tamén casos pintorescos de iniciativas que foron rechazadas para evitar recoñecerlle ó Partido Popular a súa autoría e días despois o bigoberno as presentaba como súas sin molestarse sequera en dotala dun envoltorio novedoso. Así o goberno provincial non quixo que o PP lle marcase o paso e rexeitou a súa moción sobre a recollida selectiva de residuos na provincia. O mesmo sucedeu coa iniciativa na que se reclamaba dotar dun bo servicio de internet á totalidade do rural da provincia.

Outras mocións, tamén de gran revancia xeral, foron rexeitadas por PSOE e BNG: a participación da Deputación no elaboración do plano de reequilibrio territorial, a desaparición do imposto de suecesións e doazóns e o referido ó respaldo a pesqueira do bonito.

José Manuel Barreiro indicou que a falta de actividade do bigoberno nas sesións plenarias podese extrapolar tamén ás xuntas de goberno, que se caracterizan pola concesión de subvencións e porque non se toma ningunha decisión importante. A meirande parte das comisións de goberno celebradas en novembro e decembro carecían de asuntos de relevancia na súa orde do día e o colmo é que a primeira xunta deste ano, a prevista para mañá venres, non se celebrará precisamente “por falta de contido”, segundo salientou José Manuel Barreiro. Un feito que, segundo recalcou, é histórico xa que tal cousa é a primeira vez que acontece en toda a historia da institución provincial.

O Voceiro do Grupo Provincial popular salientiou neste contexto que nada se sacou en claro aínda da tan aludida rede de parques de bombeiros ou de cómo se executará o pago do canon eléctrico ós concellos afectados, agás ó de Chantada do que só se deron algúns detalles.