Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR DENUNCIOU HOXE O ALARMANTE RETRASO QUE ESTÁN ACUMULANDO AS OPERACIÓNS NO XERAL CALDE

A espera media para a realización dunha intervención quirúrxica no complexo hospitalario Xeral Calde de Lugo incrementouse en case 37 días dende que o bipartito se fixo cargo da Xunta e, polo tanto, da xestión sanitaria en Galicia. Este dato foi facilitado hoxe polo deputado autonómico Dámaso López; o voceiro de Sanidade do Grupo Popular no Parlamento Miguel Santalices e o Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro no transcurso dunha rolda de prensa convocada para facer un balanzo da situación na que se atopa o hospital lucense e que non dubidaron en calificar de caótica.

Para os populares, o paulatino deterioro que está a experimentar o servicio sanitario na provincia de Lugo é un “feito” e as listas de espera en ciruxía son só un exemplo, perfectamente ampliable á atención primaria ou as probas diagnósticas que, polas súas peculiaridades, precisan, segundo adiantaron, un tratamento monográfico. Pese a elo, adiantaron que a demora nas citas para consulta hospitalaria resultan xa escandalosas. Así, como botón de mostra, indicaron que en ciruxía vascular os pacientes teñen que esperar ata o 2009 para ser atendidos, en neuroloxía ata o vindeiro mes de xullo, en neuroloxía hai unha demora de oito meses e en xinecoloxía a acumulación e tal que non se darán novas citas ata que pase o Día de Reis.

En calquera caso, Dámaso López, Miguel Santalices e José Manuel Barreiro coincidiron en sinalar que esta situación é o resultado dunha mala xestión ou, para ser más exactos, dunha ausencia total de xestión.

Miguel Santalices referiuse na súa intervención ó fracaso dos tres pilares básicos da sanidade: atención primaria, políticas de prevención e políticas socio-sanitarias.

En atención primaria porque, entre outras cousas, non se cumpliu o plan de actuación presentado en 2006 e que abarcaría dende 2007 a 2011 xa que, de entrada, as listas de espera son cada vez maiores, non se fixo a zonalización das grandes cidades e non se cubriron as necesidades de recursos humáns por áreas sanitarias.

Na atención especializada hai en Galicia 50.000 persoas en lista de espera para unha intervención quirúrxica, 19.000 máis que en 2005, e é previsible que este datos sexan aínda peores cando se fagan os balanzos de fin de ano. Hai, ademais, segundo salientou Santalices, 300.000 persoas en toda Galicia agardando un primeiro diagnóstico, 70.000 máis que en 2005.

No que atinxe ás políticas de prevención, os populares indicaron que proba deste fracaso é que enfermidades como a sífile e a gonorrea experimentaron un incremento de máis de dous puntos, o que denota un fallo nas políticas divulgativas e das campañas de educación sanitaria. O mesmo acontece, segundo Miguel Santalices, coa prevención da drogadicción (Galicia é a primeira comunidade autónoma en consumo de hachis e cocaína), a obesidade ou o calendario de vacinacións.

As políticas socio-sanitarias tampouco acadaron os resultados agardados (falta de recursos nos centros hospitalarios, falta de coordinación con Vicepresidencia…) segundo indicou Santalices, quen indicou asemesmo que é preciso estarár “moi vixiante” sobre o equipamenteo e finaciación do novo hospital de Lugo.

O voceiro de Sanidade do PP tamén se referiu ás propostas que fai o PP para mellorar o servicio sanitario. Entre elas, cabe salientar que a lista de espera para consultas ou primeiro diagnóstico se sitúe nos 45 días e que paulatinamente este plazo se vaia rebaixando ata chegar ós 30 días; introducir formulas de xestión que permitan a plena utilización dos recursos; realizar auditorias tendentes a chequear os servicios hospitalarios; establecer unha financiación consensuada; mellorar a formación dos médicos; asegurar a equidade no acceso e na prestación de servicios sanitarios e incentivar a capacidade negociadora dos directivos da sanidade para abordar os problemas que xurdan.

LISTAS DE ESPERA.-

Segundo os datos facilitados hoxe polo deputado popular Dámaso López sobre as intervencións quirúrxicas, a espera media dos pacientes que precisan ser sometidos a unha operación no hospital Xeral Calde sitúabase a decembro do pasado ano en 98,9 días fronte ós 62 días do mes de xuño de 2005. “Falaban de que os nosos resultados eran malos e que eles ían a melloralos pero o que están a facer en todos os ámbitos vai na dirección contraria e a toda prisa ademáis. De feito, en ningúnha área de ciruxía lograron mellorar os datos acadados durante a nosa etapa”, explicou Dámaso López.

O Deputado popular pormenorizou estas demoras por especialidades e facendo sempre a comparativa entre decembro de 2007 e xuño de 2005, momento no que, segundo recalcou, o Partido Popular deixou de ter a responsabilidades na xestión da atención hospitalaria.

O caso máis “sangrante”, segundo indicou Dámaso López, dase en neurociruxía onde un paciente ten que agardar 121,5 días de media para pasar polo quirófano, 72,5 días máis que en xuño de 2005, no que a media de espera situábase en 49 días.

En uroloxía de 53,2 días pasouse a 115,9 (case 63 días máis); en oftalmoloxía de 54 a 99,3 días; en vascular de 83,4 días a 123,5; en traumatoloxía de 69 a 105,1; en xinecoloxía de 50,8 a 85,2 días e en otorrinolaringoloxía a espera media incrementouse de 56,4 días a 84,9.