Partido Popular de Lugo

O VOCEIRO ADXUNTO DO GRUPO PROVINCIAL POPULAR REITERA QUE MOITAS DAS ESTRADAS DA DEPUTACIÓN ESTÁN “XEADAS E SOSAS”

O voceiro adxunto do Grupo Popular na Deputación de Lugo, José María González Barcia, reiterou hoxe que o organismo provincial está a incumplir as súas obrigas en materia de seguridade viaria e mantemento da rede provincial.

 Barcia manifestou que “son tantas as queixas que mesmo algunha persoa nos manifestan que as estradas da Deputación, con moito sentido do humor, están xeadas e sosas. Xeadas están, e sosas tamén, porque hai moitos tramos que levan días sen ver sal por ningún lado e as xeadas caen unha tras doutra, poñendo en perigo a seguridade dos usuarios”.

 DETERIORO DA REDE VIAIRIA PROVINCIAL.

Por outra banda, Barcia manifestou que hai estradas provinciais que comenzan a presentar un deterioro importante e, polo tanto, están xa ocasionando problemas ós usuarios, que son os cidadáns desta provincia.

 Para Barcia, dúas son as causas dos problemas que está a padecer a rede viaria provincial. Por unha banda, o cambio de zona dos capataces e vixiantes, o que conleva unha reducción considerable da súa xornada real de traballo; e por outra, o retraso na adxudicación das labores de mantemento e conservación, que agora no inverno, e por razóns obvias, non se poden facer. “O chocante é que logo na prensa acábanse de adxudicar obras por un millón de euros, cando xa tiñan que estar adxudicadas”, egadiu Barcia.

 RESPONSABLES

Barcia finalizou indicando que “Besteiro, con tanto flash de  cámaras, é incapaz de ver o que realmente acontece ó seu redor, co que a deixadez de funcións que está a demostrar é realmente preocupante”.