Partido Popular de Lugo

O PP plantexa ó sector mariñeiro a problemática da futura lei de Pesca

O Partido Popular da Mariña, a través do seu comité en Burela, organiza para mañán, venres, ás oito da tarde, na Antiga Biblioteca, un acto no que se plantexará ó sector mariñeiro a problemática da futura Lei de Pesca que está a preparar a Xunta de Galicia. Este acto está destinado fundamentalmente ó sector mariñeiro, pero a el pode asistir calquera persoa interesada no mundo do mar.

O parlamentario autonómico do PP, en representación da Mariña, e portavoz en materia de pesca, José Manuel Balseiro Orol, será o encargado de explicar os aspectos máis destacados da indicada lei, e tamén tentará recoller as demandas do sector, para telas en conta no futuro inmediato.

Previamente, o portavoz adxunto do PP na Deputación Provincial e presidente do comité local de Burela, José María González Barcia, fará unha breve introducción á lei, partindo dunha premisa imprescindible, cal é a vinculación do futuro do sector mariñeiro co futuro da Mariña en xeral e de Burela en particular, que para Barcia é “decisiva”.

A organización do acto foi comunicada á Confraría de Pescadores e a Armadores de Burela.

Previamente, ás cinco da tarde, e no Salón de Conferencias da antiga biblioteca, José Manuel Balseiro Orol e José María González Barcia darán unha rolda de prensa sobre este asunto.